Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC impulsa unha formación para consolidar talento no sector da biomasa

O Mestrado de Excelencia MERYCSE e o Clúster Biomasa de Galicia organizan un programa dirixido a responsables de equipos e xestión de persoas

Facultade de Física, onde terá lugar a formación
Facultade de Física, onde terá lugar a formación
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Mestrado de Excelencia en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela e o Clúster Biomasa de Galicia poñen en marcha o programa ‘Construíndo e consolidando equipos para o futuro da biomasa’, unha formación orientada a fortalecer os procesos de atracción, selección e captación de talento nun sector estratéxico para a transición enerxética.

A iniciativa está dirixida a profesionais con responsabilidades de coordinación ou xestión de equipos e abordará cuestións clave como a identificación de perfís estratéxicos, as técnicas de selección máis eficientes, o liderado aplicado á xestión de persoas e un obradoiro práctico para deseñar un plan de captación e selección adaptado á realidade das empresas vinculadas á biomasa. 

Formación presencial na Facultade de Física

O programa estrutúrase en catro sesións presenciais, que se desenvolverán en horario de mañá os días 10 e 24 de febreiro e 10 e 17 de marzo, na sala de xuntas da Facultade de Física da USC, en Santiago de Compostela.

Desde a organización destacan que a formación busca consolidar equipos preparados para os retos futuros do sector, combinando contidos teóricos con ferramentas prácticas aplicables ao día a día das empresas. Para participar é preciso formalizar a inscrición a través dun formulario habilitado polo programa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620