Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Teatro Principal acolle unha nova función de 'Un ollo de vidro'

A adaptación teatral da obra de Castelao regresa á escena o mércores 28 tras o éxito da representación de novembro

O Teatro Principal acolle unha nova función de Un ollo de vidro
O Teatro Principal acollerá o mércores 28 de xaneiro, ás 20.00 horas, unha nova función da adaptación teatral de 'Un ollo de vidro'
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Tras o éxito da representación realizada en novembro, a adaptación teatral da obra de Castelao volve a escena a próxima semana, dirixida por Lucho Penabade, impulsada pola federación de asociacións culturais Galiza Cultura e coa participación de membros da Coral Solfa e a Agrupación Cultural O Galo.

O Teatro Principal acollerá o próximo mércores, 28 de xaneiro, ás 20.00 horas, unha nova función da adaptación teatral da obra de Castelao 'Un ollo de vidro', despois do éxito acadado na función realizada de novembro.

Esta obra mestura o humor e a crítica social, dirixida por Lucho Penabade. O esqueleto protagonista narra as súas memorias e as peripecias máis alá da morte, reflexionando sobre o mundo dos vivos. A través desta mirada, o público poderá rir, reflexionar e recoñecerse nas loitas labregas, a emigración, o caciquismo ou a defensa do galego, temas que seguen vixentes.

A entrada é gratuíta previa retirada de convites, que se poden o día antes da función despacho de billetes da Zona C Punto de Información Cultural (na rúa do Preguntoiro número 1 en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas) ou o mesmo día do espectáculo dende unha hora antes do comezo do mesmo no Teatro Principal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620