Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As concelleiras non adscritas levan ao primeiro pleno do ano dez iniciativas para pedir contas ao goberno local

Muíños e Rosón condicionan a negociación dos orzamentos ao cumprimento dos acordos previos en vivenda, rural, equipamentos e saúde mental en Santiago

Mercedes Rosón e Gonzalo Muiños na rolda de prensa deste venres
Os concelleiros non adscritos Gonzalo Muíños e Mercedes Rosón presentaron as propostas rexistradas para o pleno municipal da vindeira semana
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As concelleiras non adscritas formulan o primeiro pleno do ano da vindeira semana como antesala á negociación dos orzamentos cunha batería de iniciativas coas que pedirán contas ao goberno local polo incumprimento dos acordos anteriores. Son un total de dez as propostas rexistradas e presentadas por Gonzalo Muíños e Mercedes Rosón este venres en materia de vivenda, investimentos no rural, instalacións deportivas e saúde mental.

Segundo insistiu Rosón, “non pode ser que cada ano cheguemos a acordos de orzamentos que, neses acordos aparezan puntos repetidos, e que ninguén dea explicacións sobre nada”. Neste sentido, a non adscrita pide explicacións e xustificar os incumprimentos e, “unha vez iso ocorra, estaremos en condicións de avanzar nas novas contas”.

Así, as non adscritas preguntarán polos prazos para a efectiva constitución da empresa pública de vivenda e solo, un compromiso que figuraba xa nos acordos do 2024 e 2025. Para Rosón isto é prioritario para “impulsar rehabilitación e promocionar e construír vivenda, redactar plans de ordenación e proxectos de urbanización”, priorizando “os máis de 40 solos non consolidados que hai na contorna da cidade”: isto é, ocos baleiros ,parcelas ou solares sen construír, que quedaron sen desenvolver na expansión de Santiago de Compostela.

Execución de orzamentos no rural

As non adscritas preguntarán tamén polo grao de execución real dos investimentos comprometidos no rural. Lembran que o Pacto polo Rural comprometía que o 1,5% do orzamento fora destinado a actuacións nas parroquias de Santiago: algo contemplado nas contas do 2025 pero que, agora, reclaman coñecer o seu alcance real. Critican que nas reunións mantidas ata agora co executivo de Sanmartín pediron un avance da liquidación dos orzamentos neste sentido pero “é unha información que, aínda a día de hoxe, non nos facilitaron”.

Tamén en materia de infraestruturas pedirán contas de dúas licitacións de obras para aconstrución de novos equipamentos: por unha banda, polo retraso na licitación das obras da Casa das Persoas Maiores; e, por outra banda, as obras para a creación do novo complexo deportivo de Santa Marta para dar servizo á zona sur de Compostela. Sobre a primeira, a Casa dos Maiores, lembran que o anterior goberno local conseguira a cesión por 25 anos do antigo local da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo: “unha cesión que xa minguou a 22 anos polos tres que o goberno local leva consumidos para licitar as súas obras”.

Tamén en materia de investimentos, preguntarán polas reformas dos parques infantís comprometidas no acordo do 2025 que viabilizou as contas municipais. Concretamente trátase de tres actuacións de reforma integral: o parque de Angrois, o da rúa Manuel Beiras en Conxo e a reforma e cuberta do da rúa Lisboa en Fontiñas. De feito, este último, xa fora comprometido na negociación de remanentes do 2024 e, a día de hoxe, as non adscritas seguen agardando a que “a lo menos, se nos presente un proxecto para a creación do primeiro parque cuberto de Santiago”.

As non adscritas preguntarán ademais pola implementación dun programa estable de actividades para abordar o desafío de saúde mental, comprometido tamén no acordo do 2025 e polas incongruencias nos informes para desatascar o contrato para o ciclo integral da auga, así como polos proxectos de dúas sendas peonís comprometidas na parroquia da Gracia, que conectaría co polígono industrial; e outra en Casas do Rego, que completaría a senda de Figueiras conectando a parroquia co barrio do Carme de Abaixo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620