Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Corporación municipal recibe a estudantes noruegueses no Pazo de Raxoi

O alumnado participa nos cursos internacionais da USC e visita Santiago no marco dun intercambio educativo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto a representantes da Corporación municipal, durante a recepción a estudantes procedentes de Noruega no Salón Vermello do Pazo de Raxoi
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto a representantes da Corporación municipal, durante a recepción a estudantes procedentes de Noruega no Salón Vermello do Pazo de Raxoi
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xunto con representantes dos distintos grupos da Corporación municipal, recibiu este venres no Salón Vermello do Pazo de Raxoi a un grupo de estudantes procedentes de Noruega que se atopan na cidade participando nos cursos internacionais da Universidade de Santiago de Compostela.

O alumnado pertence aos institutos de Akershus Fylkeskommune e Oslokommune. Durante o acto, a rexedora deulles a benvida e desexoulles unha estancia frutífera en Santiago, ao tempo que os animou a achegarse á cultura local, coñecer os distintos barrios da cidade e exercer como embaixadores de Santiago cando regresen ao seu lugar de orixe.

Os estudantes acudiron ao Pazo de Raxoi acompañados por docentes de centros educativos de Santiago. Ao remate da recepción, todas as persoas participantes recibiron un agasallo por parte do Concello.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620