Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A APP Inxenius pon en valor o talento investigador de Santiago a través da tecnoloxía

A aplicación, desenvolvida nun obradoiro de emprego municipal, reforza o papel da USC e dos seus centros de investigación como polo de atracción de talento

Clausurado o obradoiro de emprego Genius
Imaxe do acto de clausura do obradoiro de emprego no que se desenvolveu a aplicación Inxenius
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou onte o obradoiro de emprego Genius, que no último ano permitiu que 16 mozos e mozas menores de 30 anos se formaran nas especialidades de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e produtos audiovisuais multimedia interactivos. O seu traballo permitiu a creación da APP Inxenius, unha aplicación que ten como obxectivo poñer en valor o talento, o potencial investigador e o saber científico de Santiago.

Durante o acto de clausura, María Rozas agradeceu o traballo das persoas participantes no obradoiro de emprego “que nos permite reivindicar esa Compostela que ás veces pasa máis desapercibida, que é a da ciencia, a da diversidade económica e a da Universidade da que nos sentimos profundamente orgullosas”. 

A tenenta de alcaldesa mostrou tamén o seu desexo de que o obradoiro “permitira que os mozos e mozas participantes abriran novas fiestras no mercado laboral, nun ámbito de enorme proxección como é o das tecnoloxías da realidade aumentada”. Na mesma liña pronunciouse o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración, Juan José Couce, que participou tamén na clausura do obradoiro e a entrega de diplomas.

APP Inxenius

A APP Inxenius está dispoñible para IOS e Android e a súa descarga é gratuíta. O seu obxectivo é visibilizar o talento investigador local e fortalecer o papel de Santiago como polo de atracción de talento, poñendo o foco na Universidade de Santiago e nos seus institutos e centros singulares de investigación.

A aplicación invita ás persoas usuarias a descubrir o ecosistema científico compostelán mediante unha experiencia transmedia e inmersiva, cun diseño que busca xerar curiosidade e facilitar a exploración. Para iso, a APP inclúe un mapa interactivo que permite explorar a rede de institutos e centros singulares de investigación da USC; unha guía en realidade aumentada na que unha personaxe virtual acompaña ás persoas usuarias no seu percorrido pola historia da USC e dos seus centros de investigación; e un scrollytelling científico, para coñecer mellor a actividade e as liñas de investigación de cada equipamento. Ademais, “Inxenius” inclúe pezas audivisuais breves, enlaces a podcast, e diferentes entrevistas co persoal investigador.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620