Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A RAGC e a USC renderán homenaxe a José Antonio Redondo López cun acto in memoriam

O evento celebrarase este xoves na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde desenvolveu boa parte da súa traxectoria académica

José Antonio Redondo López
José Antonio Redondo López, académico da Real Academia Galega de Ciencias e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela
Suso Rivas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidade de Santiago celebran maña xoves, 22 de xaneiro, un acto “in memoriam” do académico José Antonio Redondo López, falecido o pasado mes de xuño. O evento, que comezará ás 12.00 horas, terá lugar na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, onde o homenaxeado foi vicedecano e profesor.

O acto abrirao o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López. Participarán ademais o decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán Ramón Doldán; o presidente da RAGC, Juan Lema; o presidente do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro; o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García; a académica da RAGC María Loureiro, catedrática de Fundamentos da Análise Económica da USC; e a profesora do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC Loreto Fernández.

Natural de Lugo, José Antonio Redondo foi conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia entre 2015 e 2023. Desde 1987 foi catedrático de Economía Financeira na Universidade de Santiago, institución na que desenvolveu a súa traxectoria docente, cunha breve estadía inicial na Universidade de California. Entre 1995 e 2005 foi director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Foi membro do Consello de organismos como o Instituto Galego de Promoción Económica, Xestur, do Consello para a Promoción da Igualdade do Home e da Muller de Galicia, do Consello de Estatística de Galicia, ademais de membro da Fundación Catedral de Santiago. Na Universidade compostelá foi director constituínte do departamento de Economía Financeira e Contabilidade, e director do Máster de Renovación Urbana e Rehabilitación. Como investigador, foi autor de numerosos estudos, monografías e guías de referencia no eido da ciencia económica.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620