Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Un sistema IA predí o risco de diabetes e eventos cardiovasculares a partir da monitorización continua de glucosa

O modelo GluFormer, desenvolvido nunha investigación internacional con participación da USC, demostra maior capacidade preditiva ca as métricas basais tradicionais

medición de glucosa
O profesor da Facultade de Medicina da USC Francisco Gude participou no estudo internacional
i-SENS
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A monitorización continua de glucosa pode ser unha excelente ferramenta de predición e estratificación de risco que permita identificar de forma máis precisa e precoz persoas con maior probabilidade de progresar a diabetes ou sufrir eventos cardiovasculares, mesmo superando métricas basais tradicionais. E é precisamente isto o que fai 'GluFormer', un sistema de intelixencia artificial capaz de predicir o risco de desenvolver diabetes ou eventos cardiovasculares (infarto, ictus, …) a partir da monitorización continua dos datos de glucosa.

GluFormer é produto dunha investigación internacional que acaba de publicar Nature na que participou a USC, co profesor e investigador da Facultade de Medicina Francisco Gude á cabeza, e que reúne persoal científico Australia, Dinamarca, Israel, Suíza, Emiratos Árabes Unidos,  Estados Unidos e España.

Para aproveitar o potencial da monitorización continua de glucosa, o equipo de investigación ideou esta ferramenta de IA que se adestrou con más de 10 millóns de medicións de máis de 10.000 persoas adultas, a maioría delas sen diabetes. Logo do adestramento, o modelo ‘aprendeu’ representacións que se aplicaron con éxito a 19 cohortes externas de distintas etnias, grupos de idade e condicións de saúde, entre elas prediabetes, diabetes tipo 1 e 2, diabetes xestacional e obesidade. Esas representacións, explica Gude, “melloraron de forma importante a predición de niveis de glucosa con respecto ao que proporcionan as medicións basais tradicionais”.

A achega do equipo da USC centrouse na validación do modelo, en preto de 600 adultos seguidos durante unha media de 11 anos, a quen o modelo predixo con precisión o risco de desenvolver diabetes e mortalidade cardiovascular.

Para o equipo de investigadores, GluFormer “abre a porta a intervencións preventivas e terapéuticas máis temperás e personalizadas (incluída a nutrición de precisión), optimizando o seguimento clínico en prediabetes, diabetes, obesidade e diabetes xestacional”, á vez que favorece un enfoque de medicina de precisión en saúde metabólica.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620