Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC sitúase como a cuarta universidade de España e a primeira de Galicia en incubación de spin-offs

A institución compostelá conta con 34 compañías activas que xeran uns 150 empregos de alto valor e facturan arredor de 10 millóns de euros anuais, segundo un informe de Mobile World Capital Barcelona

Acto de presentación en Santiago do informe 'O ecosistema de spin-offs deep tech en España 2025', celebrado na sede do CiMUS
Acto de presentación en Santiago do informe 'O ecosistema de spin-offs deep tech en España 2025', celebrado na sede do CiMUS
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A USC é a cuarta universidade de España e a primeira de Galicia en incubación de spin-offs, con 34 compañías activas que xeran uns 150 empregos de alto valor e unha facturación anual duns 10 millóns de euros. No conxunto das tres universidades galegas, o número de spin-offs activas ascende a 48, o que supón o 5,2% do total nacional. 

Así se pon de relevo no informe ‘O ecosistema de spin-offs deep tech en España 2025’, elaborado por Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) e presentado este martes en Santiago nun acto organizado pola USC e a MWCapital desenvolvido na sede do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas (CiMUS).

A sesión foi inaugurada por Luis Otero, delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento da USC, quen subliñou a posición excepcional da USC no ecosistema de innovación e transferencia de coñecemento en España, facendo que “Santiago de Compostela, e Galicia en xeral,  emerxa como unha contorna idónea para acoller a presentación do informe da MWCapital”. 

A nivel estatal, o informe pon de manifesto que o número de spin-offs deep tech creceu un 3,6% no último ano, alcanzando 1.007 empresas activas, cunha facturación conxunta de 1.400 millóns e 13.456 empregos de alto valor.

No transcurso do evento houbo un coloquio sobre o ecosistema de spin-offs en Galicia, no que participaron Inmaculada Rodríguez, directora xeral de UNIRISCO; Raquel Rodríguez, directora xeral de Xesgalicia, e Albert Mascarell, director de Transferencia Tecnolóxica de MWCapital, quen na súa intervención sinalou que “Galicia demostra que a colaboración entre ciencia e empresa é unha realidade e o noso obxectivo é seguir impulsando esta conexión, acompañando a institucións referentes como a Universidade de Santiago de Compostela para que o talento investigador se convirta en proxectos que xeren valor económico e social en áreas clave como a saúde, a enerxía ou as TIC."

Na sesión houbo ademais unha mesa redonda coa participación de dúas spin-offs da USC: Energhius, unha compañía especializada no deseño de circuítos microelectrónicos avanzados para a recolección de enerxía, e Albor Biotech, que traballa solucións que aceleran o desenvolvemento de terapias innovadoras dirixidas a patoloxías metabólicas. 

Ambas compañías exemplifican a capacidade da USC para transferir o seu coñecemento, a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE). A spin-off catalana Ephion Health, desenvolvedora dunha solución para crear biomarcadores dixitais a través da IA para monitorizar a pacientes, tamén participou na mesa redonda.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620