Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Sanidade licita por máis de 12,8 millóns o contrato de mantemento do CHUS

O contrato abrangue seis centros hospitalarios da área sanitaria de Santiago e Barbanza e terá unha duración inicial de tres anos

Exterior del Clínico de Santiago (CHUS)
A licitación inclúe o mantemento de edificios, instalacións e equipamento sanitario, con posibilidade de prórroga por dous anos máis ata acadar un valor estimado superior aos 21 millóns de euros
Archivo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Portal de Contratos Públicos da Xunta publica, a través da Consellería de Sanidade, a licitación do contrato de mantemento e conservación dos edificios, instalacións e equipamento do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por un importe de 12.838.775 euros. As empresas interesadas nesta licitación teñen de prazo ata o 9 de febreiro para presentar as súas ofertas.

O contrato ten unha duración inicial de tres anos e inclúe o mantemento do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, do Hospital Público Gil Casares, do Centro de Protonterapia de Galicia, do Centro de Radiofármacos PET, do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo e do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Ademais, prevé a posibilidade de ser prorrogado por 24 meses máis, co que, neste caso, o contrato acadaría un valor estimado de 21.221.115 euros.

A licitación ten como finalidade acadar o mellor estado de conservación, tanto das instalacións como dos equipos destes edificios pertencentes a área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Con este contrato minimizaranse os efectos das posibles avarías, adaptaranse as instalacións e os equipos ás necesidades de cada momento evelarase pola seguridade integral referida aos aspectos técnicos destes equipos.

Do mesmo xeito, a través deste contrato xestionarase o mantemento das instalacións e dos equipamentos que teñan contrato con outro provedor, o cumprimento das normativas vixentes, así como o control, revisión e funcionamento dos novos equipos adquiridos.

Outro apartado importante que inclúe o contrato é o de optimizar o consumo enerxético dos edificios mantendo as condicións de confort e seguridade esixibles, a indicación e xeración de informes de calquera defecto das instalacións ou equipos que diminúa o seu rendemento, produza un maior gasto enerxético ou que poña en perigo a seguridade dos profesionais e dos usuarios.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620