O Consorcio de Santiago entrega libros do seu fondo editorial aos centros educativos da cidade
A iniciativa distribúe unha selección de 50 títulos das seis coleccións do seu selo editorial

O Consorcio de Santiago formalizou hoxe na Sala Circular do Auditorio de Galicia a entrega dunha selección de libros pertencentes ás seis coleccións do seu fondo editorial aos centros educativos de Santiago de Compostela.
Ao acto, celebrado fronte a representantes das escolas e institutos, acompañaron á alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, aconcelleira de Educación, Capital Cultural, Turismo e Memoria Histórica, Míriam Louzao Fernández; e o xerente do Consorcio de Santiago, José Antonio Domínguez Varela. Tamén estiveron presentes as concelleiras Marta Abal e María Baleato.
Nesta iniciativa foron ofertados títulos pertencentes a todas as coleccións do selo editorial: Biblioteca Facsimilar, Biblioteca Científica, Biblioteca Divulgación, Biblioteca Literaria, Bibliotecade Imaxes e Biblioteca Infantil e Xuvenil, cun total de 50 títulos seleccionados criteriosamente para responder ás idades e intereses do alumnado.
A actividade reveste un especial valor para a educación local, dado que os materiais entregados enriquecerán o inventario bibliográfico dos centros educativos. Neste acto, os centros estiveron representados polo profesorado correspondente, que acudiu en nome das súas comunidades educativas para formalizar a recepción das obras.
Esta entrega consolidase como continuidade doutras accións similares levadas acabo anteriormente en diversos espazos da cidade nos que a institución escolarizou a súa relación coa cidadanía a través da distribución de libros, tanto enviándoos directamente aos centros como entregándoos de maneira presencial nas xornadas.
O acto de hoxe destaca ademais a deseñada selección de títulos segundocriterios didácticos e pedagóxicos, de modo que cada centro reciba aqueles volumes máis axeitados para o seu alumnado e os seus proxectos educativos.








