Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Familia Caamagno publica este venres ‘Bomba de calor’, último adianto de Disco Comarcal

O novo sinxelo adiántase á saída do LP, prevista para o 23 de xaneiro, e precede á presentación ao vivo do disco o 6 de febreiro na Sala Capitol

Familia Caamagno
‘Bomba de calor’ é o terceiro e último avance de Disco Comarcal, o novo traballo de Familia Caamagno co que a banda celebra 15 anos de traxectoria sobre os escenarios
David Silva
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Familia Caamagno presentará este venres 16 de xaneiro ‘Bomba de calor’ o terceiro e último avance do que será o seu novo  LP, ‘Disco Comarcal’, un álbum que verá a luz o vindeiro 23 de xaneiro, e no que a banda se reivindica como referente no panorama rock e pop da escena galega. 

Familia Caamagno festexa neste 2026 os seus 15 anos sobre os escenarios cun novo traballo discográfico, ‘Disco Comarcal’, un álbum no que percorre diferentes estilos musicais e que, sen perder un ápice do seu carácter irreverente e crítico, pon o foco no papel social que xogaron as discotecas comarcais en Galicia durante a segunda metade do século XX, especialmente nos anos 80 e 90, e que hoxe en día están pechadas ou abandoadas.

Após os lanzamentos nas plataformas dos avances 'De paseo en Portugal' e 'Disco comarcal' ,  o venres 16 chega o terceiro e último sinxelo, ‘Bomba de calor’, un tema que amosa a solidez compositiva da banda e que se acompañará dun vídeo rodado na Coruña e dirixido por David Silva.

Bomba de calor’ é un tema de puro power pop, con guitarras afiadas, melodías vocais luminosas e coros que atrapan desde a primeira escoita. A letra aborda cuestións actuais como a crise da vivenda, a ansiedade ou a procura dunha saída nun mundo asfixiante dominado polo consumo, que non deixa espazo para o amor. 

‘Disco Comarcal’ o 6 de febreiro na Capitol

A presentación ao vivo deste ‘Disco Comarcal’ terá lugar o 6 de febreiro na Sala Capitol. O recinto compostelán transformarase nunha auténtica sala de festas coma as de hai 30 anos para recibir e celebrar, por todo o alto, o novo álbum dos Caamagno. Será unha ocasión moi especial pois os de Sigüeiro adaptarán as súas cancións e darán unha volta polo seu repertorio da man d'A Orquestra do Quince, formación con catro instrumentistas de vento (María Prado, Martiño Mato e Xosé Luís Miranda) e un teclista (Ale González).

A gran festa de presentación de ‘Disco Comarcal’, alén de contar cunha formación única ao vivo, terá como banda de apertura da noite a  Ulex e, ao rematar, celebrarase unha sesión de baile na Sala Riquela  cunha selección de vinilos que fará  Pídechas o corpo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620