Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O XVII Santiago(é)Tapas contará con 48 locais participantes nas probas de preselección

O certame gastronómico celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo e presenta un incremento tanto de establecementos como de propostas culinarias

probas de preselección de Santiago(é)tapas
Representantes institucionais e do sector asistiron ás probas de preselección das tapas do XVII Santiago(é)Tapas no Mercado de Abastos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, visitaron hoxe a Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago onde se están a desenvolver as probas de preselección das tapas do XVII Santiago(é)Tapas. O concurso celebrarase do 19 de febreiro ao 8 de marzo.

Tamén interviron no acto a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, a xerente da Praza, Marta Rey, e o coordinador do Xurado Técnico, o profesor do CIFP Compostela Xosé Quintáns. Ademais, asistiron representantes doutras entidades e empresas que colaboran co certame como o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte; Francisco Crespo, de Cash Record; Bruno Hermida, de Cafés Dromedario; Nuria Colmenero, da asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA) e Fran Otero de Allwork.

Máis locais e tapas

Os asistentes a este acto puideron probar a tapa de La Bodeguilla de Santa Marta, un dos locais que rexenta Javier Míguez, hostaleiro compostelán que nunca faltou á cita co Santiago(é)Tapas. Comezou coa xa extinta Bodeguilla de San Roque na primeira edición do concurso e continuou despois ano tras ano con todos os seus proxectos.

Nesta ocasión, e tras unha incorporación de última hora, serán en total 48 os locais composteláns que pasarán por estas probas de preselección, o que supón 6 máis que na edición anterior, sendo a cifra máis alta desde que o concurso se desenvolve en febreiro.

Cómpre destacar ademais que 13 destes locais non participaron no certame do 2025. Segundo a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, este dato amosa tanto a capacidade do Santiago(é)Tapas para atraer novos establecementos coma o acerto no cambio de datas de celebración do concurso de novembro a febreiro para fomentar a desestacionalización do sector

Entre os 48 locais presentarán, ata este venres na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, un total de 73 tapas, unha cifra que medra en 5 propostas con respecto ao ano pasado. Durante estes días o Xurado Técnico está a avaliar as receitas e degustando os petiscos para seleccionar os que finalmente participarán no certame.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620