Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Intercambio internacional en Rois: a mocidade de Xeorxia e Italia coñece a realidade galega

A visita dá continuidade ás viaxes realizadas pola mocidade roisense o pasado verán a ambos destinos

Foto de familia dos participantes no intercambio
Foto de familia dos participantes no intercambio
Concello de Rois
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Un grupo de corenta mozas e mozos procedentes de Xeorxia e Venecia participa estes días en Rois nunha xornada de convivencia enmarcada nun programa de intercambio xuvenil internacional, que dá continuidade ás viaxes realizadas pola mocidade do municipio a estes destinos durante o pasado verán.

A recepción oficial tivo lugar no auditorio do Multiúsos, onde unha delegación municipal encabezada polo alcalde de Rois, Ramón Tojo, deu a benvida ao grupo visitante. No acto tamén participaron os concelleiros Mercedes Basante, Victoria Quiroga e Manolo Cobas, nun encontro que serviu para poñer en valor a aposta do Concello polos intercambios internacionais como ferramenta educativa e cultural. 

Visitas institucionais e proxectos sociais

Ao longo da xornada, o grupo desprazouse a Sorribas para coñecer o traballo da asociación de persoas con discapacidade intelectual AMIPA, achegándose á súa actividade social e integradora. A continuación, os participantes visitaron o Campus Tecnolóxico de Cortizo, onde tiveron ocasión de coñecer de primeira man un dos proxectos empresariais máis relevantes do ámbito industrial galego.

A estadía en Galicia inclúe tamén unha vertente institucional. No marco do programa, o grupo foi recibido no Parlamento de Galicia, nun encontro co deputado Ángel Conde no que participou o concelleiro roisense Manolo Cobas. 

Cultura, música tradicional e convivencia

A parte cultural tivo un papel destacado coa visita á Casa de Rosalía de Castro, que permitiu ao grupo achegarse á figura da escritora máis universal de Galicia. A xornada completouse cunha mostra de música tradicional galega, a cargo da agrupación de cantareiras das Amas de Casa de Rois, e cun momento de convivencia arredor dunha degustación de chocolate con churros. 

Esta visita constitúe a segunda fase dun intercambio xuvenil internacional que levou o pasado verán a mozos e mozas de Rois, Tordoia e A Laracha a Venecia e Xeorxia. Entre finais de xuño e comezos de xullo, a mocidade roisense viaxou a Venecia a través dun intercambio coa escola técnica profesional IIS Vendramin Corner, mentres que en xullo se desprazou a Xeorxia convidada polo centro de lingua e cultura españolas Abanico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620