Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello retoma a solicitude para declarar Santiago zona de mercado residencial tensionado

A nova documentación, baseada unicamente en datos oficiais, acredita que o prezo do alugueiro medrou máis do dobre que o IPC en cinco anos

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, presidiu no Pazo de Raxoi a mesa sectorial de vivenda na que se analizou a nova solicitude municipal para que Santiago sexa declarada zona de mercado residencial tensionado
O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, presidiu a mesa sectorial de vivenda na que se analizou a nova solicitude municipal para que Santiago sexa declarada zona de mercado residencial tensionado
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, presidiu este luns a mesa sectorial de vivenda, reunida no Pazo de Raxoi para avaliar a nova documentación que o Concello preparou para solicitarlle de novo á Xunta de Galicia a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado

O Concello de Santiago volve impulsar esta declaración despois de que goberno autonómico dera por desistida a solicitude realizada no mes de maio de 2025 aducindo que incluía datos non oficiais a pesar de que a documentación, que incluía tanto datos oficias como non oficiais, indicaba que Santiago cumpría claramente os requisitos para a declaración.

A nova solicitude describe, en primeiro lugar, o procedemento preparatorio dirixido á obtención de información relacionada coa situación do mercado residencial e incorpora datos procedentes de fontes oficiais autonómicas e estatais que permiten coñecela con detalle.

A memoria xustificativa só utiliza datos oficiais que non se complementan con datos procedentes doutras fontes e describe un incremento do prezo medio do alugueiro do 40,26% entre 2019 e 2024, de acordo cos datos do Observatorio de Vivenda de Galicia dependente do propio IGVS: de 444,4€ en 2019 a 623,3€ en 2024.

Nese período, o crecemento acumulado do IPC en Galicia foi do 20,0%. A Lei polo dereito á vivenda recolle que un ámbito cumpre os requisitos para ser declarado ZMRT se o incremento do prezo do alugueiro nos últimos cinco anos supera en polo menos tres puntos porcentuais o incremento do IPC. Santiago duplica este indicador. A solicitude inclúe tamén un proxecto de plan con medidas correctoras.

Unha vez celebrada a xuntanza da mesa sectorial, a información na que se basea a nova solicitude someterase a exposición pública durante 20 días. A continuación responderanse as alegación, en caso de que sexa necesario, introduciranse as modificacións oportunas de ser preciso e enviaráselle ao goberno autonómico e concretamente ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) a nova solicitude.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620