Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

'Un formigueiro de mulleres' recupera a historia das trapicheiras do Miño

O libro de Natalia Jorge Pereira, gañador do Premio Xohana Torres de Ensaio 2024, foi presentado en Santiago

Presentación en Santiago da obra premiada 'Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño', dedicada á memoria das mulleres do trapiche na Raia
Presentación en Santiago da obra premiada 'Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño', dedicada á memoria das mulleres do trapiche na Raia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Casa Xohana Torres acolleu a presentación do libro ‘Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño’, de Natalia Jorge Pereira, nun acto que contou coa intervención da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín.

No seu discurso,  a alcaldesa gabou a profundidade e a orixinalidade desta obra gañadora  do Premio Xohana Torres de Ensaio 2024, que emprega multiplicidade de fontes, non só oficiais senón tamén da tradición oral, para reconstruír as vidas e as liñaxes das mulleres trapicheiras da Raia e achegarnos á súa subcultura propia e á súa singularidade económica, política, social e xeográfica.

Goretti Sanmartín agradeceu o labor do xurado e da Universidade de Santiago, encargada da publicación da obra gañadora. “O Premio Xohana Torres ten como obxectivo recoñecer e promover a investigación arredor das mulleres e o seu papel social e, grazas a súa existencia podemos achegarnos e temas e figuras moitas veces descoñecidas e que este premio contribúe a difundir”, valorou a rexedora. 

A importancia das mulleres do trapiche na posguerra foi máis alá do seu papel como subministradoras de produtos ausentes do mercado oficial: protexeron a súa identidade e conservaron referentes culturais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620