Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago presenta o borrador dos orzamentos de 2026 cun forte peso dos servizos públicos

Case oito de cada dez euros das contas municipais destínanse a prestacións públicas, políticas sociais e mantemento de espazos de calidade

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila
O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, explicou os eixos e prioridades do borrador dos orzamentos municipais de 2026
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O concelleiro de Facenda, Manuel César Vila, deu a coñecer este luns o detalle do borrador de orzamentos do Concello de Santiago para 2026, unhas contas que teñen o claro obxectivo de ser un instrumento para implementar políticas para a xente. O concelleiro de Facenda defendeu que se trata duns orzamentos para "mellorar a vida das persoas e construír un lugar máis diverso e igualitario, aumentando as oportunidades para todo o mundo”. Por iso, case oito de cada dez euros do orzamento están destinados á prestación de servizos públicos e a manter espazos de calidade para a xente.

Manuel César explicou que os orzamentos poñen o foco en situar as persoas e as súas necesidades no centro e por iso fan énfase na prestación dos servizos públicos en toda a súa dimensión. “Falamos de transporte, comedores escolares, nova depuradora, melloras na xestión administrativa e na dotación de bombeiros e policías”, acrecentou. Para este goberno, contar cuns orzamentos públicos fortes e de calidade son o eixo fundamental do benestar colectivo e niso vai poñer o empeño o goberno que lidera Goretti Sanmartín.

Un primeiro eixo de actuación ten que ver coa administración máis forte e preparada. Aumenta o persoal: non se amortiza ningunha praza das 42 xubilacións nin as 12 da transferencia da UMAD, creando novas prazas por encima da taxa de reposición, acrecentando a dotación de bombeiros e policías. Ademais, hai un aumento das condicións salariais en cumprimento dos compromisos coa representación sindical e dos acordos estatais. Tamén se van valorizar os postos de traballo, axustándoos á organización municipal.

Un segundo eixo está enfocado a manter un servizos para coidar Compostela e da súa xente. Neste ámbito temos o contrato do transporte ou os investimentos no túnel do Hórreo e a rede semafórica; sustentabilidade, coa EDAR, a limpeza e recollida de residuos; a conciliación, o SAF, os comedores escolares, conserxería e limpeza dos centros educativos e deportivos; os centros socioculturais, ou a actividade cultural, educativa e para a mocidade.

Como terceiro eixo, o Concello sitúa o coidado do espazo que habitamos: mantemento de viario público, investimento en obras, parques infantís e no rural; e o reforzo dos equipamentos: instalacións deportivas, a Casa das persoas maiores ou a Factoría.

Oito de cada dez

Analizando cara onde se destinan os orzamentos, Educación, Cultura, Deportes, Centros Socioculturais, Transporte e Seguridade suman 50 millóns de euros, o 30% do orzamento. En protección social, os orzamentos suman máis de 18 millóns de euros, o 12,2%, e para transformación e mantemento de espazos de calidade, o orzamento prevé outros 50,1 millóns, o 33,8%.

No que ten que ver cos servizos públicos, están contemplados 8 millóns para o transporte urbano; 6,6 millóns para o servizo de axuda no fogar; 4 millóns para a nova depuradora; 2 millóns de euros para o servizo do conserxería e limpeza dos centros escolares e 3,8 millóns para mantemento e conservación de parques públicos, entre outros.

En canto ás políticas sociais, destacan os 1,9 millóns de euros en comedores infantís, 1,1 millón para bolsas de comedor e material escolar ou 1,8 millóns para o novo contrato dos Centros Socioculturais. Mentres, no ámbito da transformación urbana e investimentos, destaca a previsión de 1 millón de euros para a Casa das personas maiores, preto de 316.000 euros para a Factoría e outros preto de 900.000 euros para o colector da Avenida de Lugo (ambos na EDIL); máis dun millón de euros para investimentos en vías públicas urbanas e do rural e 250.000 euros para o Túnel do Hórreo e rede semafórica.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620