Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSOE denuncia a falta de actuación municipal ante a inseguridade viaria en Laraño

O Grupo Municipal Socialista lembra que o Goberno local prometera medidas no Pleno de novembro tras unha reclamación socialista

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, advertiu da falta de pagamento das nóminas do persoal do Servizo de Dinamización e Animación dos centros socioculturais
O PSOE de Santiago reclama a execución inmediata das melloras de seguridade viaria comprometidas polo Goberno municipal na parroquia de Laraño
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Grupo Municipal Socialista denuncia a pasividade do Goberno de Goretti Sanmartín ante a grave situación de inseguridade viaria que padece a parroquia de Laraño. En menos de 24 horas, rexistráronse dous accidentes de tráfico nun punto onde o goberno municipal hai dous meses, durante o Pleno municipal de novembro, prometera intervir, trala reclamación socialista.

A concelleira Marta Abal sinala que o compromiso de Sanmartín non é novo, senón unha promesa incumprida que agora está a ter consecuencias para a veciñanza.

“O pasado mes de novembro, o goberno municipal, en resposta a unha pregunta do Grupo Municipal Socialista, comprometeuse a implementar medidas de mellora viaria na parroquia de Laraño”, lembra Abal. “A día de hoxe non temos constancia de que se teña executado ningunha actuación ao respecto. As consecuencias desta inacción son evidentes: dous accidentes rexistrados en menos de 24 horas”, engade.

A concelleira socialista considera "urxente" que o executivo local asuma as súas responsabilidades, e insta a Sanmartín a adoptar “de inmediato, as medidas necesarias para mellorar a seguridade viaria nesta parroquia, tal e como se recolle no informe da Policía Local solicitado pola propia alcaldesa”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620