Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSOE de Santiago condiciona a negociación dos orzamentos de 2026 á rendición de contas dos acordos previos

O Grupo Municipal Socialista reclama coñecer o grao de cumprimento dos orzamentos de 2025 antes de iniciar calquera diálogo co Goberno local

marta abal
A concelleira socialista Marta Abal durante unha comparecencia sobre a posición do PSOE ante a negociación dos orzamentos municipais de Santiago
PSdeG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Grupo Municipal Socialista denuncia que o Goberno de Goretti Sanmartín evidencia unha falta de vontade real de negociar e lembra que non se pode iniciar un diálogo sobre os orzamentos de 2026 sen render contas sobre os acordos de orzamentos dos anos anteriores.

“Antes de falar de novos orzamentos para 2026, é fundamental coñecer con detalle o grao de execución e cumprimento dos compromisos adquiridos nos orzamentos de 2025”, afirma a concelleira Marta Abal.

“Para nós isto é unha condición imprescindible”, sinala Abal, quen engade que “a partir de aí, o Partido Socialista ten plena disposición para chegar a entendementos”.

O Grupo Municipal Socialista manterá unha posición firme fronte a calquera intento de converter a negociación orzamentaria nun simple trámite ou nun intercambio político sen garantías de cumprimento.

“O apoio aos orzamentos municipais de Santiago de Compostela non é nin será un cheque en branco”, afirma Marta Abal, que lembra que “a nosa obriga é defender á cidadanía con responsabilidade institucional, pero tamén con esixencia política”.

As e os socialistas advirten de que Santiago non pode permitirse uns orzamentos desconectados da realidade social e económica da cidade nin baseados en promesas que logo non se cumpren. “O Partido Socialista ten disposición ao diálogo, pero só desde un proceso negociador serio e real, con propostas solventes e realizables, pensadas para responder ás demandas reais das veciñas e dos veciños”, indica a concelleira Marta Abal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620