Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Presentación da publicación do XIV Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis

A Sala Isaac Díaz Pardo acolle este xoves un encontro con artistas participantes e unha visita guiada á exposición

presentación da publicación do Décimo Cuarto Premio Auditorio de Galicia para Artista Noveis
O acto de presentación da publicación do XIV Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis será este xoves no Auditorio de Galicia
Concello de Santiago
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A sala de exposicións Isaac Díaz Pardo acollerá este xoves, día 8 de xaneiro, ás 19.00 horas o acto de presentación da publicación correspondente ao Décimo Cuarto Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis, unha edición que consolida este certame bienal como plataforma de visibilización da creación emerxente no país.

A sesión artellarase arredor dunha conversa aberta con parte das e dos artistas participantes na mostra, na que se abordarán os procesos de traballo, as liñas de investigación e os temas que atravesan as obras incluídas tanto na exposición como na publicación. O encontro permitirá achegar ao público unha lectura coral dun proxecto que reúne 31 propostas seleccionadas entre as 98 presentadas nesta edición.

Ao remate da conversa, as persoas asistentes poderá participar nunha visita guiada á exposición, actualmente aberta na Sala Isaac Díaz Pardo, que reúne as obras finalistas do premio e ofrece unha panorámica ampla e diversa das prácticas artísticas contemporáneas desenvolvidas por creadoras e creadores novos de Galicia.

A publicación que se presenta funciona como extensión e memoria da mostra, recollendo reproducións das obras, textos críticos e reflexións arredor dos procesos creativos, ao tempo que subliña o compromiso do Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis co apoio á creación contemporánea, coa igualdade na representación e coa construción dun arquivo vivo da arte actual no país.

De periodicidade bienal, o Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis ten como obxectivo fomentar os valores culturais, apoiar as traxectorias emerxentes e contribuír á difusión da creación artística galega, reforzando o papel do Auditorio de Galicia como espazo de referencia para a produción e exhibición das artes visuais contemporáneas.  Circunscrito ao ámbito autonómico, o certame diríxese a artistas de traxectoria non consolidada co albo de ampliar a súa visibilidade e contribuír ao enriquecemento e coñecemento da creación contemporánea e ao patrimonio cultural galego.

A asistencia ao evento é de libre sen necesidade de reserva. A mostra permanecerá aberta no Auditorio até o 2 de marzo e pode ser visitada de luns a domingo, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620