Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Xunta destaca en Oroso o impulso ao emprego feminino a través do programa Emega

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o establecemento hostaleiro Al Alba, un negocio de Sigüeiro adherido ao plan

A delegada de la Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Oroso, Álex Doval, e unha das traballadoras do establecemento Al Alba, beneficiario das axudas promovidas polo programa Emega
A delegada de la Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Oroso, Álex Doval, e unha das traballadoras do establecemento Al Alba, beneficiario das axudas promovidas polo programa Emega
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, puxo en valor este mércores en Oroso o compromiso do Goberno galego co emprego feminino e o emprendemento liderado por mulleres, a través do programa Emega, que beneficiou na comarca de Ordes a sete emprendedoras cun investimento global de 76.000 euros.

Durante a súa visita ao establecemento hostaleiro Al Alba, situado en Sigüeiro, a representante autonómica destacou que estas axudas teñen como obxectivo favorecer a creación de iniciativas empresariais femininas, contribuíndo a reducir as fendas de xénero e a xerar emprego estable. O negocio visitado recibiu unha achega de 10.000 euros da liña Emerxe, destinada neste caso á creación dun novo posto de traballo por conta propia

Apoio ao emprendemento feminino na comarca

Belén do Campo explicou que no concello de Oroso resultaron beneficiadas catro emprendedoras a través da liña Emerxe, unha delas tamén coa axuda complementaria Emega Concilia, orientada a favorecer a conciliación. Pola súa banda, no concello de Ordes foron apoiadas tres iniciativas empresariais, unha delas tamén con acceso á liña Concilia.

No conxunto da provincia da Coruña, a convocatoria de 2025 do programa Emega permitiu apoiar 172 negocios dirixidos por mulleres, cun investimento superior aos 2 millóns de euros, que fixo posible a creación de 254 postos de traballo indefinidos, dos cales 176 foron por conta propia e 78 por conta allea. A orde contou cun orzamento global de 5 millóns de euros para toda Galicia

A delegada territorial subliñou que o empoderamento económico e social das mulleres é un dos piares fundamentais da acción da Xunta no marco da igualdade de oportunidades, apostando por políticas públicas que potencien o liderado feminino, a formación e a iniciativa empresarial.

As liñas do programa Emega

O programa Emega inclúe axudas para apoiar a posta en marcha, mellora e reactivación de proxectos empresariais promovidos por mulleres, así como medidas complementarias de conciliación e servizos de información, asesoramento e orientación empresarial.

Conta con varias modalidades: Emega Emerxe, con achegas de ata 22.000 euros para novas iniciativas e creación de emprego; Emega Impulsa, con subvencións de ata 17.000 euros para consolidar empresas xa existentes; Emega Innova, con contías de ata 42.000 euros para proxectos de base tecnolóxica ou científica; e Emega Concilia, unha axuda complementaria de ata 5.000 euros destinada a facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620