Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O belén de San Fiz de Solovio supera as 30.000 visitas e marca un récord este Nadal

A instalación tradicional, aberta do 28 de novembro ao 5 de xaneiro, consolídase como un dos principais atractivos culturais e turísticos destas festas en Santiago

belén de San Fiz de Solovio
A igrexa de San Fiz de Solovio permaneceu aberta ao público durante o Nadal para a visita ao belén tradicional promovido por Turismo de Santiago
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A igrexa de San Fiz de Solovio rexistrou a visita de 30.489 persoas ao longo do mes que estivo aberto ao público, concretamente, dende o 28 de novembro ata o 5 de xaneiro. Esta cifra supera notablemente os datos do ano pasado, consolidando a importancia do belén tradicional que alí se exhibe cada ano. De feito é a cifra récord desde a súa apertura.

O nacemento tradicional foi mellorando e actualizándose ano a ano, grazas ao traballo do seu propietario e montador, o belenista José Uzal, e ás melloras que se foron costeando desde Turismo de Santiago. Consta de máis de 500 figuras de barro e lenzo pintado, distribuídas nunha superficie de 30 m2, con pezas en movemento, iluminación, son e efectos especiais.

Esta acción permite á veciñanza de Compostela e a visitantes coñecer esta igrexa, xoia do patrimonio compostelán, e enriquecer notablemente os atractivos turísticos de Santiago de Compostela no mes de decembro, ao que tamén contribúe a intervención especial de iluminación, tanto no interior coma no exterior, deste monumento San Fiz.

A apertura de San Fiz de Solovio no Nadal é unha iniciativa de Turismo de Santiago, que non sería posible sen a participación do propietario e belenista José Uzal e a colaboración do Arcebispado de Santiago e do Mercado de Abastos, entre outros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620