Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Últimos días para inscribirse no XVII Santiago(é)Tapas, que se celebrará entre febreiro e marzo de 2026

O prazo para que bares, cafeterías e restaurantes de Santiago participen no concurso gastronómico remata o vindeiro 7 de xaneiro

imagen de archivo del concurso Santiago(é)Tapas
O XVII Santiago(é)Tapas terá lugar do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2026 e incorpora nesta edición novas categorías e cambios nas bases do certame
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O vindeiro 7 de xaneiro remata o prazo para que bares, cafeterías e restaurantes se inscriban no XVII Santiago(é)Tapas, concurso que se celebrará do 19 de febreiro ao 8 de marzo de 2026.

Poderán participar todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas e dispoñan de espazo axeitado para o consumo no propio establecemento. Para facelo, dispoñen dun formulario online.

Bases

Un dos principais cambios desta edición ten que ver coas categorías do concurso, que pasan a dividirse en tres principais, tradicional, creativa e doce; máis cinco adicionais. Cada tapa poderá optar a un só premio principal das tres categorías, sen prexuízo de que poida gañar tamén un dos premios adicionais.

Destes últimos, tres xa se viñan outorgando nos últimos anos (Mellor Tapa en Maridaxe con Cervexa, Mellor Tapa en Maridaxe con Viño e Mellor Tapa sen Glute) e outros dous serán incorporados nesta edición: Mellor Tapa Vexetariana ou Vegana e Mellor Tapa con ingrediente destacado con DOP, IXP, Produción Ecolóxica ou Artesanía Alimentaria de Galicia.

Co obxectivo de elevar aínda máis a calidade xeral das tapas do concurso, Turismo de Santiago decidiu introducir outros cambios nas bases, tales como criterios máis específicos de valoración, que porán o foco no concepto de tapa e nas técnicas culinarias que se empregan nelas. 

Tamén como novidade, o galardón na categoría Creativa pasará a chamarse Premio á Mellor Tapa Creativa “Deputación da Coruña”, e será a tapa que represente a Santiago no concurso ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Galicia. Pola súa parte, o galardón na categoría Tradicional, pasará a denominarse Premio á Mellor Tapa Tradicional “Compostela Gastronómica”.

O concurso está organizado e promovido por Turismo de Santiago e encadrado dentro da marca “Compostela Gastronómica”, o XVII Santiago(é)Tapas conta co apoio da Deputación da Coruña e ten como patrocinador principal á empresa Hijos de Rivera. Tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), o CIFP Compostela e Allwork.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620