Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello de Santiago reforza o diálogo co movemento veciñal no Consello Municipal de Relacións Veciñais

O encontro abordou cuestións de vivenda, mobilidade, turismo e proxectos estratéxicos como o Plan Horizonte Compostela

Consello Municipal de Relacións Veciñais
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu unha nova sesión do Consello Municipal de Relacións Veciñais, na que participaron representantes do Concello e das asociacións
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, presidiu o Consello Municipal de Relacións Veciñais, un encontro orientado a fortalecer o diálogo entre o Concello e o movemento veciñal, avanzar na coordinación coas asociacións e afondar nun modelo de cidade baseado na participación activa da cidadanía

Durante a sesión, na que participaron representantes municipais e do tecido veciñal, abordáronse cuestións relacionadas coa convivencia, a mellora dos barrios e a canle directa de comunicación entre administración e veciñanza.

Sanmartín destacou que “a participación non é un trámite, é unha maneira de gobernar”. A concelleira de Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, resaltou a importancia destes consellos para coñecer de primeira man necesidades e propostas da veciñanza e reforzar a colaboración cos barrios.

No encontro deuse conta do Plan Horizonte Compostela, que recibiu unha subvención de 8,7 millóns de euros para impulsar a transformación da zona noroeste da cidade, incluíndo Almáciga, Vite e Salgueiriños, e promover unha cidade máis sustentable, accesible e inclusiva. 

Tamén se trataron cuestións de vivenda, como a Zona de Mercado Residencial Tensionado, o rexistro de soares, a cesión de parcelas municipais para vivenda pública e a modificación do Plan Especial da Cidade Histórica para manter o uso residencial e dinamizar o comercio de proximidade.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, deu conta da implantación do imposto sobre estadías turísticas, en vigor desde outubro. En mobilidade, salientáronse melloras como a chegada do autobús urbano á Almáciga e a licitación do novo contrato de transporte urbano, con novos buses e mellores frecuencias. Tamén se informou sobre a seguridade, a limpeza, a xestión da auga e diversas obras urbanas e rurais, así como proxectos de transformación da cidade como o concurso internacional do Conector Central, o proxecto Entre Sar e Sarela e a iluminación de monumentos da cidade histórica.

Entre os fitos destacados, salientouse a devolución das estatuas do Pórtico da Gloria que estaban en mans dos Franco e a presentación do informe do Foro de Turismo Sustentable. Ademais, acordouse a representación veciñal para o Consello Municipal de Medio Ambiente e presentáronse propostas sobre regulamentos, subvencións, seguridade, taxas e aparcadoiros.

Con este encontro, o Concello de Santiago reafirma a súa aposta por unha gobernanza próxima, participativa e baseada no recoñecemento do papel activo da cidadanía na construción dunha cidade máis viva, plural e cohesionada.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620