Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A exposición 'As mulleres de Castelao' encara as súas últimas semanas na Biblioteca de Galicia

A mostra, que revisa a figura do rianxeiro a través das mulleres que marcaron a súa vida persoal, artística e política, poderá visitarse ata finais de xaneiro

as mulleres de castelao
A exposición 'As mulleres de Castelao', que pode visitarse na Biblioteca de Galicia ata finais de xaneiro de 2026
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Biblioteca de Galicia mantén aberta a exposición 'As mulleres de Castelao', coa que a Xunta de Galicia despide o ano no que se homenaxeou o intelectual de Rianxo. Trátase dunha mostra que pretende achegar unha visión sobre o persoeiro a través de persoas que o acompañaron no seu devir artístico, político e persoal. Deste xeito, abrangue desde persoas do seu círculo familiar máis próximo ata a recoñecida artista Maruxa Villanueva ou María Docampo, que foi a súa tradutora en Nova York.

A mostra, que poderá visitarse ata finais de xaneiro de 2026, comeza explorando a presenza da nai, Joaquina Castelao, a través de fotos familiares que se complementan con documentos da infancia de Daniel e debuxos que representan a influencia materna. A segunda vitrina abrangue a Virxinia Pereira, muller e compañeira inseparable do artista ata a súa morte, centrándose na dimensión máis íntima de Castelao. A terceira pon o foco na súa irmá Teresa, encargada de conservar a súa memoria e facer fronte ás vicisitudes legais que afectaron aos dereitos de autor da súa obra.

Unha suposta informante da CIA

A exposición, comisariada polo técnico da Biblioteca de Galicia Fernando Racamán Solla, tamén recupera a traxectoria de María Docampo, quen exerceu como tradutora de Castelao durante a súa estancia en Nova York en 1938. Diversas fontes académicas apuntan á posibilidade de que Docampo actuase como informante dos servizos de intelixencia dos Estados Unidos, no contexto do seguimento da actividade política de Castelao por parte das autoridades norteamericanas.

A artista que levou ás táboas a Castelao

A última vitrina da mostra está dedicada a Maruxa Villanueva, unha recoñecida artista que traballou arreo no exilio para enxalzar a cultura galega. Durante a súa estancia en Buenos Aires, trabou amizade con Castelao e levou aos escenarios a súa obra 'Os vellos non deben namorarse'

Ao regresar a Galicia, a pesar das dificultades, continuou exercendo o seu labor cultural, centrando boa parte do seu traballo arredor de Rosalía de Castro e colaborando activamente na Casa Museo da escritora. Ao longo da súa vida recibiu numerosos recoñecementos, entre eles a Medalla Castelao e, de xeito póstumo, o premio María Casares de teatro.

Imaxe gráfica de Alba Casanova

A imaxe gráfica desta mostra corre a cargo da ilustradora viguesa Alba Casanova. Cunha forte pegada persoal e conceptual, empregando as linguaxes do debuxo, a fotografía e o colaxe, a interpretación de Alba das mulleres presentes na vida de Castelao aparece reflectida como as mans que o sostiveron, acompañadas de múltiples pistas que nos achegan ao periplo vital deste rianxeiro universal.

    0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
    0620_arte_floral_calo_251121_carlos
    0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
    0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
    0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
    PRIMERA-LINEA-620
    lacabaña620