Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O programa 'Coñecendo as emocións' reforza o benestar emocional das persoas maiores en Santiago

A iniciativa de Afundación desenvolve versións adaptadas no Espazo +60 e no Centro de Día O Tempo é Noso, con resultados moi positivos

Participantes da iniciativa
Participantes da iniciativa
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O programa Coñecendo as emocións, impulsado por Afundación co apoio da Obra Social de ABANCA, está a deixar unha avaliación moi positiva en Santiago de Compostela, onde se desenvolveu tanto no Espazo +60 Afundación como no Centro de Día O Tempo é Noso, segundo destacan as entidades participantes e as propias persoas usuarias.

A iniciativa, que se atopa na súa quinta edición, estase a levar a cabo entre outubro e xaneiro en 21 localidades galegas e en Madrid, con 259 persoas participantes pertencentes a 13 entidades sociais. No caso de Santiago, o programa apostou por unha versión adaptada ás necesidades cognitivas das persoas usuarias de centros de día, así como pola súa aplicación no ámbito comunitario a través do Espazo +60. 

Experiencias en Santiago

No Centro de Día O Tempo é Noso, o programa contou con cinco participantes, que destacaron avances significativos na súa capacidade de expresión emocional. Un deles sinalou que, grazas á iniciativa, “a día de hoxe podo expresar pensamentos que antes non era capaz”, mentres que a facilitadora María Valiño subliñou que o proxecto “confirma o valor de ofrecer espazos estruturados onde as persoas maiores poidan fortalecer o seu benestar emocional”.

Pola súa banda, no Espazo +60 Afundación de Santiago, participaron 12 persoas, que cualificaron a experiencia como profundamente transformadora. Algunhas delas puxeron o acento na cohesión do grupo, na aprendizaxe para poñer límites sen culpa e na mellora da escoita activa. A facilitadora Laura Gómez destacou o elevado grao de confianza xerado nas sesións e a importancia do acompañamento emocional colectivo como ferramenta de apoio e crecemento persoal. 

Resultados contrastados

Os datos recompilados ao longo das cinco edicións do programa, froito da investigación desenvolvida por Afundación en colaboración con Matia Instituto, amosan que nove de cada dez participantes obtiveron beneficios nalgunha das dimensións avaliadas, como a conciencia emocional, a comprensión e regulación das emocións ou o nivel de benestar percibido.

Segundo a coordinadora da área de Maiores de Afundación, Sabela Couceiro, o programa permite ás persoas participantes “fortalecer os seus recursos persoais e compartir experiencias que lles axudan a afrontar as situacións cotiás, regularse emocionalmente e coidar os vínculos afectivos”.

Tras o éxito acadado nos Espazos +60, Coñecendo as emocións estendeuse desde 2024 a decenas de centros doutras entidades sociais e continúa a súa expansión en 2025, consolidándose como unha referencia no ámbito do envellecemento activo e saudable, tamén en Santiago de Compostela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620