Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A mostra de videoarte centroamericana 'Territorio' entra na súa recta final no CGAC

A primeira exposición monográfica en España sobre videoarte e videoperformance de Centroamérica poderá visitarse ata o 18 de xaneiro

ExpoTerritorio Videoarte Centroamérica
A exposición 'Territorio' reúne obras de dezaseis artistas centroamericanos e afonda no videoarte e na videoperformance desenvolvidos na rexión desde os anos noventa
CGAC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A mostra de videoarte 'Territorio' xa está na súa recta final no Centro Galego de Arte Contemporánea, sendo o seu último día de estancia o 18 de xaneiro. 'Territorio' trátase da primeira mostra monográfica sobre  videoarte e videoperformance de Centroamérica que se realiza en España

Este proxecto explora o panorama da arte contemporánea desta reaxión, destacando dezaseis artistas de países pequenos que souberon compensar a escaseza de recursos con imaxinación. Estes son: Patricia Belli, Edgar Calel, Benvenuto Chavajay, Manuel Chavajay, Donna Conlon, María Adela Díaz, Elyla, Regina José Galindo, Jorge de León, MACÚ, Sandra Monterroso, Antonio Pichillá, Naufus Ramírez-Figueroa, Abigail Reyes, Karla Solano e Adán Vallecillo.

A exposición céntrase nas prácticas de videoarte e videoperformance que comezaron a consolidarse na década dos noventa no escenario posterior aos conflitos armados que afectaron a varios deses países. Estas obras reflicten a debilidade das súas democracias e a presenza constante da violencia e da corrupción que marcan os seus contextos.

A exposición está estruturada en tres ámbitos temáticos: o primeiro explora a relación entre os elementos naturais, a vida e os conflictos humanos; a segunda sala céntrase no rescate de coñecementos ancestrais, a sanación das "feridas coloniais" e a denuncia da violencia e o racismo; e o último ámbito da exposición trata temas como a inseguridade urbana e o extractivismo. 

En conxunto, a exposición aspira a ofrecer unha conversación polifónica a través de imaxes e sons que reflicten as sincronías, subxectividades e complexidades do territorio centroamericano, desbordando as súas fronteiras xeográficas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620