Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Consorcio de Santiago aproba un orzamento de máis de 11,2 millóns para 2026

A Comisión Executiva e o Consello de Administración deron luz verde a un investimento centrado na rehabilitación patrimonial, a dinamización cultural e a xestión da cidade histórica

consorcio reunión orzamento
Reunión da Comisión Executiva e do Consello de Administración do Consorcio de Santiago no Pazo de Vaamonde, presidida pola alcaldesa e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consorcio de Santiago reuniu este martes a súa Comisión Executiva e o seu Consello de Administración. Ambas xuntanzas tiveron lugar no Pazo de Vaamonde e estiveron presididas pola presidenta do Consorcio e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín Rei

Na xuntanza aprobouse o orzamento para o vindeiro ano, que ascende a 11.204.098,66€. As achegas das tres administracións consorciadas son de 5.739.792,00€ por parte da Administración Xeral do Estado, 3.449.295,60€ da Xunta de Galicia e 1.678.475,82€ do Concello de Santiago.

Dentro dese investimento, ao Programa de Rehabilitación, Mantemento e Recuperación Urbanas destinaranse 2.649.221,80€; mentres que ao Programa de Dinamización Cultural e Turística, que inclúe a Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais, irán 6.427.348,49€ e ao Programa de Información, Estudo, Interpretación e Divulgación da cidade destinaranse 408.310,42€. Por último, no Programa de Administración, Dirección Xeral e Mantemento e Conservación do Patrimonio Propio investirase un total de 1.719.217,95€.

En representación da Administración Xeral do Estado acudiu o inspector xeral do Ministerio de Facenda, Ángel Esteban Paul; en representación da Xunta de Galicia, José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; Manuel Vila López, secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e en representación do Concello de Santiago de Compostela, os concelleiros Borja Verea Fraiz, Gumersindo Guinarte Cabada e María Rozas Pérez

Asistiron tamén a ambas xuntanzas José Manuel González García, secretario do Concello de Santiago de Compostela e secretario do Consorcio de Santiago; Marta Oviedo Creo, interventora do Concello de Santiago de Compostela e responsable de control interno do Consorcio de Santiago; e José Antonio Domínguez Varela, xerente do Consorcio de Santiago.

Rehabilitación, Mantemento e Recuperación Urbanas

Entre as novas obras de recuperación urbana aprobadas para este 2026 están as intervencións en monumentos senlleiros como o Pazo de Raxoi, onde se continuará coas obras de conservación e mellora da eficiencia enerxética, nesta ocasión na fachada norte; o conxunto de San Domingos de Bonaval, coa rehabilitación da torreta da fachada leste; e a Igrexa de Santa María de Conxo, onde se restaurarán as carpintarías e se instalará un novo sistema de iluminación.

Dinamización Cultural e Turística

O Programa de Dinamización Cultural e Turística inclúe a xestión do proxecto conxunto da Real Filharmonía de Galicia e a Escola de Altos Estudos Musicais, e a colaboración con diferentes entidades da cidade, de cara a promover actividades culturais como o espectáculo dos fogos do Apóstolo, o festival Cineuropa, diversas iniciativas culturais do Auditorio de Galicia, o Programa Conciencia da Universidade de Santiago, Música en Compostela e a Fundación Granell.

Información, Estudo e Divulgación

O Programa de Información, Estudo, Interpretación e Divulgación da Cidade Histórica comprende a coedición de publicacións vencelladas á cidade, que no ano 2026 está previsto que sexan publicadas un total de 13 novas obras, así como a organización de tres exposicións na Casa do Cabido, entre outras iniciativas.

Administración, Dirección Xeral e Mantemento 

Para o ano 2026 no programa de Administración, Dirección Xeral e Mantemento e Conservación do Patrimonio Propio, continuarase a liña de investimento para a mellora do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e avanzarase na implantación da administración electrónica.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620