Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC recoñece a traxectoria de 83 traballadores e traballadoras con 30 anos de servizo

O reitor Antonio López destaca o papel clave do persoal docente, investigador e técnico na construción da identidade e modernización da Universidade

Acto de entrega das Insignias Fonseca na Universidade de Santiago de Compostela, presidido polo reitor Antonio López, no que se homenaxeou a 83 membros do persoal con tres décadas de servizo á institución
Acto de entrega das Insignias Fonseca, presidido polo reitor Antonio López, no que se homenaxeou a 83 membros do persoal con tres décadas de servizo á institución
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

“Estes 30 anos de dedicación teñen sido unha peza fundamental para que a Universidade de Santiago sexa hoxe a que é”. Así comezaba o reitor Antonio López a súa intervención no acto de entrega das Insignias Fonseca a 83 traballadoras e traballadores -68 docentes e 15 membros do persoal técnico de xestión e de administración e servizos- con trinta anos de servizo na institución.

Ademais de agradecer todo o seu esforzo, quixo salientar “o espírito de convivencia que tedes demostrado en todo este tempo para seguir construíndo e fortalecendo a nosa propia identidade universitaria”. “Podedes sentirvos orgullosos e orgullosas”, dixo.

En nome do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, tomou a palabra José Antonio Pequeño López: “530 anos de tradición deben ir tamén acompañados de modernidade, e así o facemos nesta Universidade, que experimentou un gran cambio nestes últimos trinta anos”, dixo. Este traballador da Oficina de Información Universitaria lembrou como presenciou a construción de novas residencias universitarias “que hoxe conforman un sistema modélico”, novas facultades ou novos centros de investigación, e recoñeceu tamén “o esforzo que todo o persoal dende as súas responsabilidades está facendo para que a sociedade coñeza a fondo a nosa oferta formativa”.

Pola súa banda, o profesor de Ciencias da Comunicación Xosé López García interveu en representación do persoal docente e investigador neste acto “que axuda a manter viva unha convivencia saudable e a vida social dunha universidade presencial que é cinco veces centenaria”. López puxo o foco na achega do sector do profesorado á misión da Universidade pública que teñen encomendada. “As universidades aséntanse nun territorio e deben implicarse para actuar como motores dun desenvolvemento sostible vinculado actores locais, empresas e gobernos para un crecemento equilibrado. E iso hai que facelo con equipos humanos motivados e ilusionados para acadar ese obxectivo común”, afirmou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620