Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

'Regatos polo aire' chega ao Museo do Pobo Galego para rescatar a memoria das sellas

O proxecto dirixido por Xacio Baño preséntase o 23 de decembro con libro, curtametraxe e actuación musical en Santiago

Exterior do Museo do Pobo Galego
Exterior do Museo do Pobo Galego
Turismo de Galicia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Museo do Pobo Galego acollerá o vindeiro martes 23 de decembro, ás 19.00 horas, a presentación de Regatos polo aire, o primeiro proxecto documental, audiovisual e literario dedicado ás sellas, un elemento esencial da cultura tradicional galega vencellado ao transporte da auga e aos espazos de sociabilidade comunitaria.

Unha muller cunha sella na cabeza
Unha muller cunha sella na cabeza
Cedida

O acto, de entrada libre ata completar capacidade, incluirá a presentación do libro e a proxección da curtametraxe documental, ademais dunha actuación musical a cargo de Dara e Manuel, integrantes de De Ninghures, cun repertorio arredor das fontes e da auga. 

Un rescate da memoria colectiva

Hai cen anos era habitual ver sellas polo aire, transportadas enriba da cabeza en vilas e aldeas galegas. Regatos polo aire nace coa vontade de recoller esa memoria: como se facían, que función cumprían e que nos contan hoxe dun tempo no que a auga era un ben prezado que había que carrexar co seu peso.

Desde esa tradición artesanal, o proxecto amplía a súa ollada cara á cultura da auga e aos espazos de encontro social vencellados ás fontes e aos lavadoiros, atendendo especialmente á experiencia e ao papel das mulleres, ás súas redes de apoio e aos lugares compartidos que artellaron a vida comunitaria durante xeracións. 

Unha peza audiovisual sobre un dos últimos artesáns

A vertente audiovisual concrétase nunha curtametraxe documental de quince minutos que segue o traballo de José Vicente Lagoa, cirurxián plástico e un dos últimos construtores de sellas en Galicia, que mantén viva a tradición familiar no seu obradoiro de Betanzos (A Coruña).

A peza ofrece un retrato próximo do proceso artesanal e dunha práctica transmitida durante trescentos anos, hoxe en risco de desaparición. 

O proxecto complétase cun libro fotográfico e literario coordinado por María Lado, que contextualiza estes coñecementos patrimoniais e a súa dimensión artística, ao tempo que cobre un baleiro documental, xa que non existe bibliografía específica sobre as sellas.

Un libro para cubrir un baleiro bibliográfico

O volume inclúe textos de Xacio Baño, como presentación do proxecto, e de María Lado, cunha conversa central con José Vicente Lagoa acompañada dun reportaxe fotográfico sobre o proceso de elaboración e a historia familiar do artesán.

Súmanse tamén achegas de Xerardo Pereiro, sobre a cultura da auga en Galiza; Llerena Perozo, arredor dos traballos e das redes de mulleres vencelladas á auga; e Carme Varela, centrada nos usos da auga, con especial atención ao regadío e ao consumo. O libro complétase con relatos de Emma Pedreira, Suso Bahamonde, Diego Ameixeiras e Susana Sánchez Aríns, ademais de fotografías históricas, definicións lexicográficas, citas de textos históricos e un vocabulario propio do mundo das sellas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620