O PSOE denuncia atrasos no pagamento do persoal de dinamización sociocultural de Santiago
Marta Abal esixe ao goberno municipal medidas inmediatas para garantir o cobro das nóminas pendentes antes de rematar o ano

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, denunciou hoxe que as traballadoras e traballadores do Servizo de Dinamización e Animación dos centros socioculturais de Santiago levan sen cobrar desde o mes de outubro, sen ter percibido aínda esas nóminas, nin saber cando cobrarán as correspondentes aos meses seguintes, nin a paga extraordinaria.
“Desde o grupo municipal socialista esiximos que o goberno municipal tome medidas inmediatas, de modo que, antes de que finalice o ano, as traballadoras e traballadores cobren as súas nóminas porque é un dereito básico e esencial”, afirmou Abal. A concelleira socialista advertiu ademais de que os atrasos non son un feito puntual nin sobrevido, senón unha situación coñecida desde hai tempo.
"Non entendemos que, a día de hoxe, a golpe de 19 de decembro, o Concello non teña adoptado medidas a o respecto porque non era algo novo o retraso que ten a empresa en aboar as nóminas”, lembrou a concelleira.
Neste sentido, Abal criticou o “pasotismo do goberno municipal en ter tomado medidas ao respecto para poder garantir que as traballadoras e traballadores de un servizo tan importante para o noso Concello cobren. Sobre todo tendo en conta as datas nas que nos atopamos”.








