Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Mercado da Estrela celebra a súa XIV edición apostando polo talento e a creatividade galega

O evento terá lugar do 19 ao 21 de decembro en distintos espazos de Santiago con feira creativa, gastronomía e unha ampla programación cultural de balde

Presentación do mercado da estrela 2025
O Mercado da Estrela consolídase como un evento de referencia do Nadal en Santiago, combinando feira creativa, gastronomía e propostas culturais para todos os públicos arredor da identidade galega
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Mercado da Estrela celebrará a súa XIV edición desde este venres 19 ata o domingo 21 de decembro apostando polo talento local, o consumo responsable, e a identidade cultural galega. O evento conta coa colaboración do departamento de Comercio do Concello de Santiago, e tamén co apoio de Turismo de Santiago.

O Mercado da Estrela é un evento xa consolidado, concibido como un espazo de encontro nas datas de Nadal arredor da creatividade, a cultura e o talento de orixe. O obxectivo é ofrecer unha experiencia que vai máis alá das compras, combinando unha feira creativa contemporánea e unha programación cultural aberta, ampla e de balde. Para iso, no Mercado da Estrela haberá artesanía, deseño, música, gastronomía e actividades, tamén dirixidas ao público infantil.

Diferentes espazos

A feira creativa do Mercado da Estrela celebrarase na Hospedería de San Martiño Pinario, coa participación de diferentes marcas e persoas emprendedoras e creadoras. No mesmo espazo desenvolveranse obradoiros infantís, haberá unha gardería-ludoteca, e celebraránse diferentes actividades para todos os públicos.

A Praza 8 de marzo acollerá a zona gastronómica do Mercado da Estrela, con foodtrucks e sesións de DJ´s. Tamén haberá, co patrocinio da Deputación da Coruña, un espazo baixo o nome “A paisaxe que sabe” onde se levarán a cabo os showcooking da man de Espazo Abella, A Horta do Obradoiro e A Maceta.

A Praza de Cervantes será o denominado “Espazo Estreleiro”, no que o público poderá participar nun xogo da oca xigante e facer uso, de balde, dun espazo habilitado para envolver os agasallos adquiridos no festival.

Programación musical

O Centro Xuvenil Don Bosco volverá ser o escenario da programación musical do Mercado da Estrela. Nesta XIV edición destaca o debut de Saibran, metade de Boyanka Kostova, e a volta aos escenarios de Triángulo de Amor Bizarro, dous momentos especialmente agardados dentro da proposta cultural do evento. Tamén está prevista a participación de IGMIG, Ulex, Montedapena, Antela, Maricarme, Sheila Patricia e Zålomon Grass.

Tamén no Centro Xuvenil Don Bosco, celebrarase o Bingo Estreleiro, o Retrokaraoke con cancións anteriores aos anos 2000, e unha versión do xogo popular das cadeiras con música tradicional.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620