Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PSdeG reclama prazos claros para a reapertura da piscina de Santa Isabel

O grupo socialista solicita transparencia ao executivo de Sanmartín ante a falta de datas sobre o remate das obras, que afectan a persoas usuarias e a clubes como o Waterpolo Santiago

marta abal
A concelleira socialista Marta Abal demanda no Pleno información precisa sobre o avance das obras e a reapertura da piscina
PSdeG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Grupo Municipal Socialista ven de presentar unha pregunta ao Pleno da Corporación co obxectivo de obter unha resposta clara do goberno de Goretti Sanmartín sobre cando rematarán as obras do complexo deportivo de Santa Isabel e, en particular, cando volverá estar operativa a piscina, clausurada desde o pasado 1 de xuño.

A concelleira socialista Marta Abal lembrou hoxe que, desde o peche, “seguimos sen unha data certa para a súa reapertura”, unha situación que está a causar molestias constantes ás persoas usuarias, que levan meses sen poder facer uso das instalacións.

Abal advertiu tamén da afectación sobre os clubes deportivos, salientando que o Waterpolo Santiago afronta unha situación especialmente crítica ao “non dispoñer dunha instalación onde adestrar”, circunstancia que podería deixalos fóra da competición.

O goberno de Sanmartín asegurara a finais de agosto que as obras avanzaban “a bo ritmo”, mais os socialistas subliñan que “a realidade é que continúa a incerteza” e que o executivo leva meses evitando ofrecer prazos concretos.

Por iso, a concelleira reclamou ao goberno local “transparencia e unha resposta clara” sobre o estado real das actuacións, recordando que “a cidade merece rigor e planificación, non improvisación”.

O Grupo Municipal Socialista insta así a Goretti Sanmartín a poñer fin á opacidade e facilitar información veraz para garantir que a cidadanía e os clubes afectados poidan planificar a súa actividade con garantías.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620