Santiago de Compostela
Familia Caamagno lanza Disco comarcal, o segundo adianto do seu novo álbum
O single, xa dispoñible en plataformas, reivindica o espírito das antigas discotecas comarcais e anticipa o terceiro LP da banda, previsto para xaneiro

O quinteto de Sigüeiro publica o sinxelo 'Disco comarcal', gravado cun videoclip rodado nunha das antigas discotecas que inspiran o novo álbum
David Silva
Familia Caamagno vén de publicar 'Disco comarcal', o segundo avance do seu novo álbum, un traballo discográfico homónimo que verá a luz a finais do mes de xaneiro. O tema, que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais, é unha canción pop e bailable, con reminiscencias disco, que lembra ao xénero disco do Studio 54.
Este 'Disco comarcal' dá nome ao terceiro LP do mítico quinteto power pop de Sigüeiro, que no 2026 festexará 15 anos sobre os escenarios. O álbum pon o foco no papel social que xogaron as discotecas comarcais dos anos 80 e 90, abandoadas ou pechadas hoxe en día. Nunha delas rodouse precisamente o videoclip do sinxelo, dirixido por David Silva.








