Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Puente la Reina reabre ao tráfico tras unha reforma integral de case medio millón de euros

A remodelación incorpora beirarrúas máis accesibles, melloras ambientais e a renovación das redes de servizos públicos

obras puente de la reina
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, supervisaron a evolución dunha reforma que ampliou beirarrúas, incorporou máis verde e renovou as redes de saneamento
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A rúa Puente La Reina reabriu este venres ao tráfico tras unha remodelación que mellora a calidade do espazo público e as redes de servizos públicos. O orzamento de execución foi de 493.294,01 € e os inicios dos traballos remóntanse ao mes de maio.

A semana pasada, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, acompañados de responsables da obra e técnicos do servizo acudiron ata Puente la Reina para comprobar a evolución dos traballos. A rexedora compostelá valorou esta “remodelación importante”  que significa unha mellora da accesibilidade e a funcionalidade da zona.

De feito, mellorouse a accesibilidade e a funcionalidade da rúa, reorganizando o espazo dispoñible e mantendo un carril único de circulación. As novas beirarrúas son máis amplas e cun pavimento máis accesible e sen resaltes ou descontinuidades. Na intersección con otras rúas, tamén se acurtarán os puntos de cruzamentos con pasos de peóns sen desniveis para mellorar a accesibildiade e a seguridade.

Por outra parte, tamén se mellorou a calidade ambiental do espazo colocando unha faixa de vede contínua en toda a rúa que aumenta o verde urbano, engadindo novos exemplares arbóreos, dunha forma máis ordenada e contínua, que mellorará a calidade e a habitabildiade do espazo desta rúa.

Outro dos obxectivos desta obra foi renovar as redes de servizos públicos. Así, realizouse o mantemento da rede de abastecemento existente e implantouse unha nova rede de saneamento separativa e a infraestrutura necesaria para o soterrado das cablaxes de telecomunicacións.

Os materiais que se empregaron nesta obra son coherentes coas reformas que se fixeron en rúas próximas, como a rúa de Quiroga Palacios ou Batalla de Clavijo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620