Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Os dous grandes Beléns da Catedral regresan a Santo Agostiño e ao Convento do Carme

As montaxes, de estilo popular e napolitano, reúnen arredor dun milleiro de pezas artesanais e poderán visitarse en dous templos da Cidade Histórica

El belen
Os Beléns instalados en Santo Agostiño e no Convento do Carme exhiben figuras artesanais, escenas tradicionais e automatismos que recrean pasaxes do Nacemento e da vida cotiá
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Ao igual que o ano pasado, os Beléns propiedade da Catedral de Santiago quedarán instalados en dous espazos diferentes da Cidade Histórica, a igrexa de Santo Agostiño, pertencente aos xesuítas, e a igrexa do Convento do Carme, dos Carmelitas Contemplativos. Trátanse de dúas montaxes de grandes dimensións, con diferentes escenas relacionadas con Nacemento de Xesús e que, entre os dous, suman case un milleiro de pezas, entre figuriñas e construcións.

Na igrexa de Santo Agostiño poderase visitar un belén de estilo popular, con figuras de Nicolás Almansa, con preto de 70m 2 e unhas 530 figuras realizadas de modo artesanal, algunhas delas con automatismos.

Pola súa banda, a igrexa do Convento do Carme acolle un belén de estilo napolitano. Conta con arredor de cincocentas figuras, realizadas de maneira artesanal, vestidas, e moitas deles tamén con automatismos, que permiten dotalas de movemento. Con preto de 50 m2, nel represéntanse, ademais do Nacemento de Xesús, a Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Magos, multitude de esceas de vida cotiá e oficios tradicionais.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620