Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Chega o Festival de Nadal da Escola Municipal de Música no Auditorio de Galicia

Todas as grandes formacións do centro actuarán o 12 de decembro nun concerto que pon en valor o papel da educación musical

O Festival de Nadal da Escola Municipal de Música terá lugar o 12 de decembro no Auditorio de Galicia con participación das súas agrupacións principais
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela celebra o vindeiro venres 12 de decembro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Galicia, o seu xa tradicional Festival de Nadal, unha cita moi agardada pola comunidade educativa e musical da cidade.

O concerto contará coa participación de todas as grandes formacións da Escola: a Bandiña, a Banda, a Orquestriña, a Orquestra, os Coros, a Agrupación de Música Tradicional, o Combo de Música Moderna e a Big Band, que ofrecerán un repertorio variado e pensado para todos os públicos, combinando música galega, clásica, contemporánea e moderna.

O Festival de Nadal pretende ser unha mostra do traballo desenvolvido ao longo dos últimos meses polo profesorado e polo alumnado da Escola, así como unha celebración colectiva que pon en valor o papel da educación musical na vida cultural de Santiago. A entrada será libre ata completar capacidade

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620