Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A USC reúne especialistas para actualizar a biografía de Rosalía de Castro

A xornada académica achega datos inéditos sobre a relación da autora coa familia Lugín, a súa viaxe a Madrid, os seus últimos anos e a configuración do seu lugar na memoria cultural galega

‘Avances na biografía de Rosalía de Castro’
No acto participaron o decano de Filoloxía, Elias J. Feijó Torres, e a equipa da Cátedra Rosalía de Castro integrada por Fernando Cabo Aseguinolaza e a súa directora, María do Cebreiro Rábade
USC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A primeira xornada ‘Avances na biografía de Rosalía de Castro’, impulsada pola Cátedra institucional da USC que leva o nome da autora galega, reuniu este xoves 11, na Facultade de Filoloxía da USC, especialistas de referencia no campo dos estudos rosalianos co obxectivo de compartir novas perspectivas biográficas sobre a vida e o contexto cultural da escritora.

Tras a apertura por parte do decano da Facultade de Filoloxía, Elias J. Feijó Torres, e a equipa da Cátedra Rosalía de Castro integrada por Fernando Cabo Aseguinolaza e a súa directora, María do Cebreiro Rábade, a xornada comezou co relatorio do profesor da USC, Luis Miguel Fernández, quen afondou na estreita relación de Rosalía coa familia Lugín Castro, unha relación que lle daría á escritora a oportunidade de viaxar a Madrid, onde casou con Manuel Murguía en 1858.

O investigador rectificou versións anteriores nas que se aseguraba que a nai de Rosalía, Teresa Castro, tería viaxado tamén á capital. O relator resaltou que a viaxe a Madrid, ademais do desexo de vivir da profesión literaria “era un xeito de resistencia na procura dun ambiente máis aberto, quizais fuxindo dunha presión ambiental como a que se ve, por exemplo, no segredo que se garda en torno ao seu nacemento en Santiago, pois os seus familiares, nai e curmáns, sempre afirman nas fichas de empadroamento, nas que se inclúe á poeta galega, que nacera en Padrón e non en Compostela”.

Pola súa parte, o estudoso e doutor en Filoloxía Galega pola UVigo, Xurxo Martínez, centrouse nas achegas referentes aos últimos anos da vida a Rosalía, desde finais de 1882 a 1885, poñendo o foco na reacción social e no que se publicou na prensa tras o coñecemento tanto da doenza que padeceu, un cancro de útero que foi agravándose, como da precaria situación económica na que viviu a escritora na súa etapa final. 

Xurxo Martínez tamén botou luz sobre a verdadeira orixe do Panteón de Galegos Ilustres que moitas veces se relaciona erroneamente co traslado de Rosalía a Bonaval pero que, en realidade, tiña inicialmente o obxectivo de acoller os restos do escritor Aurelio Aguirre, aínda que finalmente foi a escritora a que o inaugurou. 

O filólogo pechou a súa intervención, cunha hipótese sobre as razóns que motivaron a velada en homenaxe a Rosalía de Castro organizada por Emilia Pardo Bazán no Círculo de Artesanos da Coruña, dous meses despois da morte da escritora, que acabou converténdose nun acto no que se aldraxou a súa figura e se ridiculizou a súa obra cualificándoa como ‘poesía regionalista’, restándolle todo o mérito e importancia que a autora tivo no rexurdir das letras galegas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620