Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Familia Caamagno anuncia 'Disco comarcal', un novo LP que reivindica a memoria das discotecas da Galicia dos 80 e 90

O terceiro álbum do quinteto de Sigüeiro chegará a finais de xaneiro, precedido este venres polo sinxelo homónimo

Familia Caamagno, nunha imaxe promocional previa ao lanzamento de 'Disco comarcal'
Familia Caamagno, nunha imaxe promocional previa ao lanzamento de 'Disco comarcal'
David Silva
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Familia Caamagno publicará a finais de xaneiro o seu terceiro LP, titulado Disco comarcal, un traballo que abre a celebración polo 15º aniversario da banda sobre os escenarios. O quinteto de Sigüeiro presenta unha obra que continúa a mesturar pop, rock e unha ampla paleta de estilos, fiel ao seu carácter irreverente e crítico, e que nesta ocasión dirixe a mirada a un espazo emblemático da Galicia recente: as discotecas comarcais que dominaron a vida social das décadas dos 80 e 90 e que hoxe permanecen pechadas.

O disco chega despois dun período de madurez creativa consolidado polos seus directos, convertidos xa nunha marca da casa pola súa intensidade e polo seu espírito festivo. A banda reivindica con este lanzamento o seu lugar como unha das formacións de referencia do panorama pop-rock galego actual.

Un sinxelo para abrir territorio: 'Disco comarcal'

O primeiro adianto do álbum publicarase este venres 12 de decembro nas principais plataformas dixitais. Trátase do tema que lle dá nome ao LP, unha peza bailable, luminosa e chea de reminiscencias disco, inspirada no xénero popularizado polo mítico Studio 54. O lanzamento virá acompañado dun videoclip dirixido por David Silva, que reforza a estética nostálxica e irónica coa que o grupo aborda esta memoria cultural.

Baixo a aparencia festiva do tema agóchase unha reflexión sobre a ruína e a idealización do pasado, evocando o papel que xogaron aquelas salas como espazos de encontro, descubrimento musical e socialización para varias xeracións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620