Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acollerá o primero encontro galego sobre saúde mental e deporte

A mente en forma
A mente en forma
Xunta de Galicia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta de Galicia organizará o vindeiro 12 de decembro en Santiago de Compostela o primeiro gran encontro A mente en forma, unha iniciativa destinada a poñer en valor a importancia da saúde mental no deporte e a inspirar á mocidade a través de exemplos reais de superación. A cita, que se desenvolverá no pavillón de Fontiñas, reunirá a mozos e mozas galegas, deportistas e adestradores co obxectivo de reforzar a colaboración entre os diferentes axentes do ecosistema deportivo galego. 

O evento, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pretende consolidar o papel de Galicia como referente en talento, excelencia deportiva e benestar, ao tempo que promove valores como a convivencia, o compromiso e o desenvolvemento persoal. Ademais, busca dar a coñecer oportunidades formativas e profesionais vencelladas ao ámbito deportivo. 

A programación arrancará ás 17:00 horas co relatorio inaugural “Retos e aprendizaxes dun campión”, a cargo de Javier Gómez Noya, cinco veces campión do mundo de triatlón.

A continuación será a quenda da mesa redonda A mente no deporte: o que non se ve desde a grada, moderada por Estrella López, actual campioa de España de Judo, sete medallas en Grand Prix e Grand Slam e psicóloga deportiva. Nela participarán Melania Rodríguez, ximnasta dúas veces campioa do Mundo de Doble Mini-Tramp, Víctor Pérez, adestrador do CB Breogán e integrante da selección española sub-19, e Santiago Tarrío, dobre campión do Challenge Tour de Golf.

A programación seguirá coa mesa redonda Máis que deporte: seguir soñando dentro e fóra do xogo formada por Guille Carracedo, actual campión do mundo coa selección española e campión de Europa de Paddle Surf (2022), Carolina García, bronce no mundial de Alemaña 2023, e Xisela Aranda, sete veces campioa de España de Squash. Continuarase cunha exhibición deportiva e o relatorio Unha historia de primeira con Lucas Pérez, ex-xogador do RC Deportivo. As fotos e autógrafos cos deportistas poñerán o punto final á cita.

Toda a información e o programa completo está dispoñible no portal de Xuventude, onde tamén poden rexistrar xa as súas solicitudes todas as persoas interesadas en asistir. Para facilitar o acceso, o Goberno galego ofrece transporte de balde desde A Coruña, Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo.

A cita encádrase no compromiso do Goberno galego coa promoción do emprego e do talento novo, na que destacan outras iniciativas como o Xuventude Mentoring, que busca mellorar as habilidades e competencias da mocidade galega para a busca de emprego a través de asesoramento personalizado, ou o recentemente celebrado Xuventude na onda, que conecta o talento mozo e os sectores de innovación, ciencia e empresa, favorecendo a creación de sinerxías e novas oportunidades de colaboración.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620