Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Arte e viño únense en Compostela coa presentación de Xialma e a inauguración da mostra 'Viaxe interior de Pedra, Auga e Viño'

O espazo enocultural Vide Vide! reunirá este 9 de decembro creación vitivinícola e fotografía nun encontro que reivindica a identidade da Ribeira Sacra

Unha botella de Xialma, con vistas desde a viña da que provén
Unha botella de Xialma, con vistas desde a viña da que provén
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O espazo enocultural Vide Vide!, en Santiago de Compostela, acollerá o vindeiro 9 de decembro ás 20.30 horas un evento que combina arte, territorio e creación vitivinícola: a presentación oficial de Xialma, o novo viño de autor de Xaime Cortizo, e a inauguración da exposición fotográfica 'Viaxe interior de Pedra, Auga e Viño'.

O encontro reunirá amantes da cultura galega, da fotografía e do viño arredor dun proxecto que busca contar o territorio a través de dúas linguaxes: a enolóxica e a visual.

Xialma: un viño como “paisaxe en botella”

Xialma é un viño íntimo e plenamente artesanal, elaborado con uvas procedentes de dúas pequenas viñas situadas en Bexán e Sobrecedo, na Ribeira Sacra do Miño, separadas por apenas dez quilómetros río arriba e río abaixo. Dúas perspectivas dun mesmo territorio que converxen nun viño que procura transmitir calma, inspiración e a emoción da paisaxe.

Vistas dunha botella de Xialma
Vistas dunha botella de Xialma
Cedida

O viño, que realiza fermentación espontánea e maloláctica en barrica de carballo francés, nace coa vontade de funcionar como un homenaxe á terra e á tradición familiar, propoñendo un diálogo entre arte e natureza. Cortizo define así Xialma como “paisaxe en botella”, unha peza que aspira a captar a identidade única da Ribeira Sacra.

A exposición: unha viaxe visual entre Compostela e o Miño

O lanzamento do viño irá acompañado da inauguración da mostra 'Viaxe interior de Pedra, Auga e Viño', unha serie fotográfica de Xaime Cortizo que conecta a piedra e a luz de Santiago coas ladeiras silenciosas do Miño. As imaxes recollen gárgolas, ríos, viñas, texturas e paisaxes que acompañaron o proceso creativo do autor nos últimos anos.

Unha das fotografías da exposición
Unha das fotografías da exposición
Cedida

A exposición constitúe unha exploración persoal na que fotografía e viño se entrelazan para narrar unha mesma historia: a dun territorio que inspira, transforma e permanece como fío condutor da creación artística.

Un encontro arredor da cultura galega

Ao longo da velada, o público poderá catar por primeira vez Xialma 2025, coñecer de primeira man a visión do seu creador e percorrer a exposición guiados polo propio autor. O acto incluirá ademais unha pequena maridaxe con produtos da zona, reforzando o compromiso do proxecto coa tradición local e coa posta en valor da cultura galega entendida como unha suma de paisaxe, creación e identidade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620