Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Facultade de Farmacia celebra a súa patroa nun acto académico

A directora da AEMPS, María Jesús Lamas, impartiu a conferencia central nunha xornada con recoñecementos ao persoal xubilado, entrega de doutoramentos e premios ás mellores portadas de TFG

O reitor presidiu o acto da festividade de Farmacia
O reitor presidiu o acto da festividade de Farmacia
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A comunidade universitaria da Facultade de Farmacia celebrou este venres no centro a festividade da súa patroa, a Inmaculada Concepción, nun acto académico que presidiu o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, acompañado da decana da Facultade, Reyes Laguna Francia. No seu transcurso, a directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS), María Jesús Lamas Díaz, pronunciou a conferencia ‘Ciencias regulatorias ao servizo da saúde pública’.

Entre as autoridades académicas e civís que interviñeron estaban ademais a secretaria do centro, Matilde Casas Parada, que deu lectura á memoria anual; a subdirectora xeral de Farmacia da Consellaría de Sanidade, Silvia María Reboredo García; e o secretario xeral de Universidades da Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, José Alberto Díez de Castro.

Recoñecementos e premios

Na cerimonia entregóuselle a Insignia de ouro da Facultade a María Ángeles Seoane Millán e Eugenio Uriarte Villares, persoal do centro xubilado o pasado curso. Ademais, procedeuse á entrega dos seus diplomas de doutoras e doutores a Lucía Bada Díaz, Guillermo Blanco Fernández, Andrea Cuartero Martínez, Alfonso Fernández Blanco, Iago González Prada, Darío Miranda Pastoriza, Laura Piñeiro Alonso e Laura Taina González.

Finalmente, déronse os premios do XII Concurso de ideas para a portada de Traballo Fin de Grao da Facultade de Farmacia que patrocina CBNK Bancofar Salud e que entregou a representante da entidade Sonia Fernández López. A gañadora foi Lara Pazos Soto coa portada ‘Farmacia, Coñecemento e Historia’. Houbo ademais accésits para Marta Alonso Sobral pola portada ‘Farmacia: A orixe do Benestar’ e para María Blanco Vales por ‘Scientia ad salutem. A Ciencia ao servizo da saúde’.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620