Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Teatro Principal inaugura o ciclo 'Fiestra aberta' con Leticia Rey e emmy Curl

Os concertos, que terán lugar os días 12 e 13 de decembro, abrirán a programación musical de Nadal de Compostela Cultura cun diálogo entre creación galega e propostas internacionais

emmyCurl
O ciclo Fiestra aberta arrancará no Teatro Principal con dous concertos de balde, nos que Leticia Rey presentará 'Danza Luz' e emmy Curl interpretará 'Pastoral', Premio José Afonso 2025
João Monteir
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

No marco da programación especial de Nadal, Compostela Cultura abre as portas do Teatro Principal a dúas noites de música que dialogan coa emoción. Os días 12 e 13 de decembro, os concertos de Leticia Rey e emmy Curl centran a axenda musical da cidade cunha proposta artística que invita a escoitar con calma e transformar o íntimo nunha experiencia compartida. 

Ao tempo, estes dous recitais erguen o pano do ciclo 'Fiestra aberta', un programa de eco rosaliano que convida a gozar dun ronsel de propostas singulares que poñen en relación a produción galega con ollares e enfoques doutras contornas unidas polo seu gran valor musical. Coa “fiestra aberta” que nos deixou Rosalía de Castro como lugar desde onde se realiza este diálogo co mundo, o ciclo acolle voces singulares doutras culturas e espalla as creacións de noso. 

Leticia Rey: a sombra como territorio artístico

A cantora e compositora galega Leticia Rey tomará o escenario do Teatro Principal o venres 12 de decembro ás 20.30 horas cun directo performático que expande os límites do concerto tradicional. Cunha base técnica clásica e un estilo no que dialogan jazz, pop, psicodelia e folk, a artista mergullará o público no universo de 'Danza Luz', un traballo integramente en galego nacido da transformación do sufrimento e centrado nun motivo tan antigo como inesgotable na historia da arte: a sombra.

Para facer medrar este concepto no escenario, Leticia deseña unha proposta multidisciplinar que integra música, danza, escenografía, vestiario e iluminación, acompañada por un equipo artístico de primeiro nivel: Iago Mourinho, no piano; Vadím Yuchnevich, ao acordeón; Benxamín Otero, no corno inglés; Estefanía Gómez, na dirección escénica e dirección de movemento; Nacho Martín, na iluminación; e Carolina Díguele, na escenografía.

emmy Curl: unha viaxe a ao corazón do folclore 

Criada nas altas montañas de Vila Real, emmy Curl recupera as melodías antigas do folclore transmontano e celta, devolvéndolles vida a través dunha estética contemporánea que respecta e actualiza o patrimonio musical portugués. O seu último traballo, 'Pastoral', recoñecido co Premio José Afonso 2025, é unha homenaxe á tradición, á coraxe e ao amor en tempos difíciles. Preséntase en concerto no Teatro Principal o sábado 13 de decembro ás 20.30 horas.

Ambos os concertos son de balde, previa retirada de convites. Están xa dispoñibles na web de Compostela Cultura e na Zona C. En caso de existiren aínda localidades dispoñibles, tamén se poderán retirar o propio día de cada concerto dende unha hora antes do seu comezo no despacho de billetes do Teatro Principal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620