Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela celebra os 40 anos como Cidade Patrimonio da Humanidade

O acto institucional reunirá representantes municipais, Xunta e Estado nunha declaración conxunta que reivindica o labor de preservación do conxunto histórico e os retos de futuro

plaza do obradoiro
O Concello conmemora o 40º aniversario da declaración da UNESCO cun acto no que participarán todos os grupos municipais, representantes institucionais e a arpista Bleuenn Le Friec
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O Concello de Santiago celebrará este venres o 40º aniversario da declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio Mundial da Humanidade, recoñecemento outorgado pola UNESCO o 5 de decembro de 1985 polo excepcional valor histórico, artístico e cultural da cidade. A conmemoración incluirá música en directo, intervencións institucionais e a lectura dunha declaración consensuada polos grupos municipais.

O acto dará comezo coa actuación da arpista bretoa e veciña de Compostela Bleuenn Le Friec, seguida dun saúdo da alcaldesa e da intervención de Xerardo Estévez, alcalde da cidade no momento da declaración da UNESCO en 1985. Ao longo da celebración, Bleuenn Le Friec ofrecerá tamén unha segunda actuación musical.

Procederán tamén á lectura da declaración institucional NA, PSOE, PP, CA e BNG. A declaración pon de manifesto a relevancia do recoñecemento outorgado pola UNESCO, o labor realizado nas últimas décadas na preservación do conxunto histórico e os retos de futuro para garantir unha cidade histórica viva, habitábel, sustentable e equilibrada.

Tras a lectura da declaración, intervirán o representante da Xunta de Galicia e o delegado do Goberno, Pedro Blanco, antes da intervención de clausura da alcaldesa. O acto pecharase cunha última actuación de Bleuenn Le Friec.

O Concello quere conmemorar este aniversario como unha homenaxe colectiva á historia común de Compostela e como unha reafirmación do compromiso de preservar e fortalecer o seu patrimonio para as xeracións vindeiras.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620