Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A “Carpa Roxa” inicia o Nadal en Compostela con máis de trinta actividades culturais

O Concello aposta por unha programación que combina música, cinema, maxia e obradoiros, e que reforza a presenza de creadoras e artistas locais

As concelleiras María Rozas e Miriam Louzao presentaron a programación da “Carpa Roxa”, que abrirá mañá ao público
As concelleiras María Rozas e Miriam Louzao presentaron a programación da “Carpa Roxa”, que abrirá mañá ao público
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A “Carpa Roxa”, un dos centros neurálxicos do Nadal en Compostela, abrirá mañá as súas portas, cunha intensa axenda con máis de trinta actividades diferentes. A concelleira de Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, presentaron a programación, que inclúe propostas musicais, sesións de cine, maxia e diferentes obradoiros infantís.

A música, protagonista na “Carpa Roxa”

As bandas dos locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga volverá protagonizar o ciclo de concertos Son Xove. O primeiro deles será o venres 12, cunha Jam de Nadal na que subirán ao escenario, mesturadas, diferentes bandas do Centro Xove para ofrecer versións de temas coñecidos polo gran público. No xoves 17, o concerto correrá a cargo de Xalundes e W3ird Nois3; o venres 18 será o turno de Patrik e Paula Ferraz; e o 26 de decembro pecharán o ciclo Bareixa e Allo Negro. Todos os concertos comezarán ás 20.00 horas.

Nos sábados, volverán tamén os concertos de artistas e grupos galegos no Son Vermú, sempre ás 13.00 horas. O primeiro será este sábado, día 7, coa cantante e compositora ferrolá Lola India. Despois dela virán o grupo de música tradicional Unto Vello, o día 13; Sofía Espiñeira co seu novo disco Xeografías, o día 20; e Laura Lamontagne, o 27 de decembro. O último Son Vermú, o 3 de xaneiro, correrá a cargo da artista viguesa Law, que presentará o seu primeiro traballo, “Esencial”.

A estas propostas musicais xa consolidadas dos venres e dos sábados, engádese este ano unha novidade: o ciclo “Eh!.. domingo!”, diferentes espectáculos participativos que chaman á diversión e sobre todo ao baile. Todas as sesións serán ás 18.00 horas.

A primeira cita será este mesmo domingo, día 7,  coa “Discoteca de señoras... e señores tamén” que ofrece festa e danza participativa da man da bailarina e directora escénica Marta Alonso. Nesta sesión, a proposta contará coa colaboración musical de Camille, e a discoteca regresará o domingo 28 de decembro, desa vez coa participación de Señora DJ.  O ciclo “Eh!.. domingo!” contará tamén co dúo Eva e Camilo, o 14 de decembro; mentres que os domingos 21 de decembro e 4 de xaneiro a proposta xirará ao redor dun singular bingo musical, especial Lotaría de Nadal e especial Reis, que animarán a todas as persoas participantes a competir ao redor de temas musicais.

Ainda no apartado musical, pola “Carpa Roxa” pasarán tamén o grupo de corda compostelán Suzukiños, nun concerto previsto para o domingo 21 ás 12.00 do mediodía; e a banda viguesa Broken Peach, cun concerto especial de Nadal o martes 23, ás 18.00 horas.

Impro, maxia e cine

Ademáis da música, a programación da “Carpa Roxa” mantén outras propostas, como as sesións de impro. A primeira delas será xa mañá, 5 de decembro, a cargo do Colectivo do Flow, formado por Pedro Placer, Carlota Mosquera, Antía Costas, Sergio Alfonso Agra, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco. No seu espectáculo, que comezará ás 18.00 horas, daranlle voz a elementos do Nadal que habitualmente non teñen voz propia, desde os alimentos típicos destas datas ata os adornos cos que decoramos as nosas casas. O Colectivo do Flow repetirá na “Carpa Roxa” o 27 de decembro.

Tamén volve á programación a maxia, coas actuacións de Dani Polo, este sábado 6, ás 18.00 horas; e o Mago Rafa, o domingo 14, ás 12.00 horas.

Como novidade, este ano haberá cine con dúas sesións de curtametraxes da man de Numax. A primeira delas, o 22 de decembro, estará dirixida ao público infantil, cunha selección de cinco curtas que se poderán ver entre as 18.00 e as 20 horas: 'Operación Papá Noel', 'A zorra', 'Aurora boreal' e 'Merry Grandmas'. O luns 19 de xaneiro, proxectarase tamén unha selección de catro curtametraxes galegas para público non infantil: 'Pura', de Carmen Méndez; 'Alboroque', de Sabrina Fernández, Platónico Platónica, de Xacio Baño; e 'Sandwich Cat', de David Fidalgo Omil.

Outras propostas

A programación da “Carpa Roxa” complétase cun obradoiros de baile tradicional que rematará cunha foliada aberta, o sábado 20 de decembro; e outro obradoiro de danza de Reis, o venres 2 de xaneiro; ambos a cargo de Artur Puga. Haberá tamén numerosos obradoiros infantís, e nas inmediacións da “Carpa Roxa” quedará instalado o Tren de Nadal que funcionará de balde para nenos e nenas, a partir do 12 de decembro.

Ademais, o departamento de Comercio volverá instalar este ano a ruleta de Agasallos “Eu Merco Aquí”  o sábado 13 de decembro. Con ela, poderánse conseguir numerosos regalos, presentando un tíquet de compra no comercio local por un importe mínimo de 5 euros. Haberá outra oportunidade para participar na ruleta o 3 de xaneiro, xa na carpa da Alameda en Xogo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620