Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago concede axudas a 52 familias para terapias e tratamentos de menores

A convocatoria, que permitirá apoiar 59 nenos e nenas, cobre até o 90% dos gastos en atención psicolóxica, logopedia, terapia ocupacional ou produtos para a celiaquía

María Rozas
A concelleira María Rozas presentou a resolución dunha liña de subvencións que busca garantir o acceso a tratamentos especializados ante as carencias e listas de agarda do sistema público
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta de Goberno aprobou a resolución definitiva da convocatoria de bolsas para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas que apoien o desenvolvemento e o benestar persoal dos nenos e nenas, unhas axudas pioneiras ás que o Concello destinou este ano 70.000 euros.

As subvencións chegarán a máis de medio cento de familias, algunhas delas con máis dun menor beneficiario. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mostrouse moi satisfeita co resultado desta primeira convocatoria e avanzou a súa intención de reforzar as axudas de cara aos próximos anos.

A tenenta de alcaldesa deu conta hoxe da resolución definitiva da convocatoria, “pensada para colaborar coas familias con menores que necesitan recibir tratamentos relacionados con trastornos da aprendizaxe, da linguaxe ou da conducta; que precisan de estimulación temperá ou terapia ocupacional; que poden estar en proceso de avaliación dun TDH ou trastorno do espectro autista, ou mesmo que teñen altas capacidades intelectuais e requiren tamén por iso dun apoio específico”. 

Da convocatoria resultaron beneficiarias 52 familias e un total de 59 menores. A maioría delas recibirán unha axuda de 1.200 euros, o máximo contemplado na convocatoria para cada menor. Tamén hai familias que recibirán subvencións de 1.600 e de 2.400 euros.

A tenenta de alcaldesa mostrouse moi satisfeita co resultado da convocatoria “que espertou un gran interese, confirmando que é unha liña de axudas necesaria, e que o é porque o sistema público presenta numerosas carencias en servizos que ou ben non presta, ou o fai de maneira insuficiente, ou con listas de agarda inasumibles para as familias”. Neste sentido, insistiu en que “que un neno oun nena reciba atención profesional de maneira temperá e coa frecuencia axeitada pode ser determinante no seu desenvolvemento persoal e mesmo condicionar a súa vida adulta”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620