Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Sete séculos de literatura galega, a debate este venres en Santiago

O encontro incluirá relatorios, música en directo e a presentación do Foro Galicia Crea, que impulsa a creatividade e o pensamento libre desde Galicia

El pazo de San Roque acogerá la presentación del Foro Galicia Crea el próximo 5 de diciembre.
O Pazo de San Roque acollerá a xornada
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Este venres, 5 de decembro, o compostelán Pazo de San Roque converterase nun espazo de encontro arredor dos sete séculos de creación literaria en galego. A xornada, de acceso libre, reunirá especialistas na tradición literaria medieval e incluirá actuacións musicais inspiradas nas cantigas galego-portuguesas.

O evento está organizado polo Foro Galicia Crea, que aproveitará a cita para presentarse oficialmente ante o público como unha iniciativa que une a profesionais da ciencia, a tecnoloxía e a cultura co obxectivo de impulsar a creatividade, o pensamento libre e a creación de espazos de debate desde Galicia.

A influencia das cantigas galego-portuguesas

A xornada abrirase ás 09.00 horas cun acto inaugural protagonizado pola produtora e presidenta de Galicia Crea, Zaza Ceballos, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Os diferentes relatorios percorrerán a historia da literatura galega dende finais do século XII, cando xurdiron as primeiras composicións poéticas en galego-portugués. As cantigas estendéronse pola Península durante dous séculos, acadando o seu máximo esplendor co reinado do trobador Don Dinis de Portugal, quen fixo deste romance a lingua oficial do Reino de Portugal. O ano do seu pasamento, 1325, marca o sétimo centenario da consolidación da poesía galega.

Relatorios e voces expertas

A conferencia inaugural será impartida pola catedrática emérita da USC, Mercedes Brea, mentres que a clausura estará a cargo de José Augusto de Sottomayor Pizarro, profesor da Universidade do Porto e membro da Academia das Ciências de Lisboa, recoñecido especialista na figura de Don Dinis.

Mercedes Brea impartirá a conferencia inaugural
Mercedes Brea impartirá a conferencia inaugural
Cedida

Tamén participarán investigadoras e investigadores como Elvira Fidalgo Francisco (USC), Santiago Gutiérrez García (USC) e Gema Vallín Blanco (UDC). Ademais, os profesores da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro e Leticia Eirín presentarán Universo Cantigas, unha edición integral —en formato dixital e físico— de todo o corpus das cantigas galego-portuguesas.

Ao final da mañá celebrarase unha mesa redonda sobre o presente e o futuro da creación poética na Galicia actual, coa participación de Yolanda Castaño, Adrián Maceda e Helena Salgueiro.

A media mañá realizarase a presentación oficial do Foro Galicia Crea, unha plataforma que agrupa a profesionais de ámbitos diversos —ciencia, tecnoloxía, cultura— para promover o pensamento crítico e creativo desde Galicia en diálogo coa cultura global.

O proxecto inclúe tamén un Plan de Mentorización dirixido á mocidade, co propósito de orientar novos talentos e favorecer espazos de innovación e debate. Entre as persoas impulsoras da iniciativa figuran a inmunóloga África González, o forense Ángel Carracedo, o físico Jorge Mira, a enxeñeira Edita de Lorenzo, a editora Laura Rodríguez Herrera, a administrativista Teresa Carballeira, o xornalista Alfonso Cabaleiro, a xurista María José Bravo, o consultor Pati Blanco e o catedrático José María Paz Gago, coordinador da xornada xunto á profesora Gema Vallín.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620