Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Saibran presenta en Santiago o seu álbum debut o 20 de decembro

O novo proxecto de Cibrán García, Julián Goicoa e Fiz García estreará en directo 'Atardecer harmonioso con gotas de primavera' no Mercado da Estrela

Saibran
Saibran debuta en vivo cun show analóxico que acompaña o lanzamento do seu primeiro disco
Divina Traxedia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Saibran, o novo proxecto musical conformado por Cibrán García (Boyanka Kostova) e por Julián Goicoa e Fiz García (Mundo Prestigio), presentará en directo o seu primeiro disco, "Atardecer harmonioso con gotas de primavera", o 20 de decembro en Santiago de Compostela.

O álbum debut de Saibran, que verá a luz o 5 de decembro, forma parte dunha triloxía que editará o selo galego Tremendo Audiovisual e que transita, temporalmente, desde o solpor (primeiro disco) até o amencer (terceiro). Son as vivencias de quen sae da súa casa contra última hora da tarde, sen máis pretensión que ver ás amizades pero que, cando regresa, xa alboreceu. A tríade percorre os sons, ritmos e acontecementos que agroman desde os momentos cotiás até os de introspección.

Tal e como avanzou Saibran, cada disco conta cun estilo, temática e produtor diferente. Este primeiro álbum, "Atardecer harmonioso con gotas de primavera", é unha produción de Mundo Prestigio. A nivel estilístico é o que se achega ao rap máis clásico e conta no numerosos instrumentos gravados analóxicamente. Nesta primeira “parte da noite”, o álbum máis luminoso da triloxía aborda cuestións máis cotiás, do día a día, antes de pasar á un nivel máis cru e escuro, no segundo álbum, máis urbano e electrónico (Møu) e o terceiro (Juait e crnds), máis experimental.

A estrea ao vivo chegará na noite do sábado 20 de decembro en Santiago de Compostela, no marco da celebración dunha nova edición do Mercado da Estrela. Será un directo dinámico, que contará coa instrumentación analóxica que se poderá escoitar no disco e que xa se avista nos videoclips: Cibrán como MC, Ju no baixo e Fiz na batería.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620