Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Os socialistas de Santiago destacan a satisfacción veciñal en Laraño tras a instalación dos novos paneis translúcidos de ADIF

A formación reivindica un ano de diálogo coa parroquia e contrapón este modelo á falta de escoita do actual Goberno local

Representantes do PSdeG, acompañados pola veciñanza, comprobando o resultado da instalación dos paneis acústicos translúcidos en Laraño
Representantes do PSdeG, acompañados pola veciñanza, comprobando o resultado da instalación dos paneis acústicos translúcidos en Laraño
Cedida
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Representantes do PSdeG en Santiago visitaron este luns a parroquia de Laraño para comprobar o resultado da instalación dos paneis acústicos translúcidos colocados por ADIF, unha actuación que responde ás solicitudes expresas do barrio, que rexeitara as pantallas opacas polo seu impacto visual. No encontro participaron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a concelleira socialista Marta Abal e o secretario xeral local e deputado autonómico, Aitor Bouza.

Segundo explicou Bouza, a modificación do proxecto foi posible grazas a un proceso de diálogo continuado entre os socialistas composteláns, ADIF e a veciñanza. O responsable socialista lembrou que o partido mantivo un ano de reunións para recoller as preocupacións do barrio e trasladalas ao Goberno central. “O fundamental é escoitar; cando se fai, a veciñanza queda satisfeita coa xestión”, afirmou.

Unha solución acorde co que pedía o barrio

Bouza subliñou que a actuación executada responde exactamente ao que demandaban os residentes: “Os veciños pedían paneis translúcidos, e iso é o que se instalou”. Valorou que ADIF e o Goberno de España “entenderan a importancia de atender esa demanda” e adaptasen a obra ao solicitado polos afectados.

O socialista reivindicou que esta forma de traballo —escoita activa, corrección e mellora das propostas iniciais— debe ser a norma na acción institucional. “O noso compromiso é reorientar e mellorar o que non se faga ben, como fixemos en Laraño”, apuntou.

Bouza contrapuxo este proceso de diálogo coa dinámica que, ao seu xuízo, mantén o actual Goberno municipal. Advertiu de que o caso de Laraño “evidencia que non se poden tomar decisións sen ter en conta ás parroquias” e asegurou que a instalación dos paneis é “a contraposición da forma de gobernar que se está a ter nesta cidade”.

O secretario xeral incidiu en que o PSdeG manterá esta liña de traballo en todas as parroquias de Santiago: “Imos seguir traballando da man da veciñanza, escoitando aos colectivos e atendendo as reivindicacións que fan”. Reiterou que, cando se detecten erros ou aspectos mellorables, o compromiso será “reorientar, corrixir e mellorar”, porque “o que nos importa é a veciñanza e os seus problemas”.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara