Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Xunta promociona o destino Galicia no mercado norteamericano: Camiño, natureza e patrimonio

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse cos representantes dos axentes de viaxes máis relevantes de Nova York e a súa área de influencia

Reunión de Xosé Merelles en Nova York
Reunión de Xosé Merelles en Nova York
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Galicia avanza na súa estratexia de promoción do destino en mercados internacionais e presenta ao sector turístico estadounidense unha oferta que abarca desde ao Camiño de Santiago a experiencias singulares, sen olvidar os aspectos culturais.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, realizou recentemente unha viaxe a Nova York onde mantivo reunións con axentes e entidades do sector turístico, asinou un convenio de colaboración para editar un libro con fotografías de Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes a Galicia, presentou a marca España Verde nun acto ante máis de 100 axentes e responsables das axencias turísticas máis importantes de Estados Unidos e expuxo iniciativas como o produto Galicia Spa Pilgrimage, deseñado pola Xunta que une o termalismo coas rutas xacobeas.

Estados Unidos constitúe o principal mercado emisor a nivel internacional no que se refire ao Camiño de Santiago, con 39.850 Compostelas recollidas por persoas procedentes deste país en todo 2024. No que vai de 2025 esta cifra xa se superou, cun crecemento do 10% interanual que incrementa ata case 44.000 as Compostelas entregadas a persoas de nacionalidade estadounidense. Ademais, de xaneiro a setembro deste ano xa visitaron Galicia 207.158 estadounidenses que se aloxaron en establecementos hoteleiros galegos, facendo máis de 302.000 noites e representando o 13,2% de todo o turismo internacional.

Conexión aérea

A partir de maio de 2026, comezará a funcionar unha conexión directa entre Santiago de Compostela e Nova York, operada por United Airlines. Un traxecto que confirma o interese do público estadounidense en visitar Galicia e abre unha nova canle de traballo para a captación de turistas. Este interese trasladáronllo tamén a Xosé Merelles a CEO da compañía Tauck Travel, Jennifer Tombaugh, un dos principais operadores estadounidenses especializados en itinerarios polas rutas xacobeas e o CEO do club de turismo premium Virtuoso, Matthew Upchurch, dedicado ao segmento de viaxes de alta gama e turismo de luxo.

O director de Turismo mantivo encontros con eles ademais de co presidente da Asociación Americana de Axencias de Viaxes (ASTA), Jim Killen, coa directiva da asociación de axentes de viaxes de Estados Unidos, Alta Travel USA, e con directivos de United Airlines e constatou o atracción xerada en torno a iniciativas coma o Galicia Spa Pilgrimage, que une o termalismo coas rutas xacobeas, como unha proposta capaz de atraer ao turista estadounidense que busca experiencias personalizadas e singulares.

Reunión Merelles en Nueva York
Reunión Merelles en Nueva York

Esta, concretamente, integra saúde, natureza e espiritualidade. “O Galicia Spa Pilgrimage é un produto propio da nosa oferta que nos permite fortalecer o noso posicionamento internacional como destino”, afirmou Xosé Merelles destacando ademais que a comunidade galega é unha das rexións termais máis ricas de Europa e conta cun produto único e recoñecido internacionalmente como o Camiño de Santiago.

Galicia Spa Pilgrimage ou España Verde son algúns dos produtos que o director xeral de Turismo presentou en Nova York

Durante as reunións, o director de Turismo de Galicia explicou como este produto permite ofertar experiencias de benestar e estadías en establecementos aos peregrino nunha simbiose das rutas xacobeas con productos termais ao longo das etapas do Camiño de Santiago. Vencellada á natureza está tamén o destino España Verde, que Merelles presentou ante unha selección de operadores turísticos do país. A iniciativa deseñada de forma conxunta polas comunidades de Galicia, o Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi.

Márcase o obxectivo de enriquecer a oferta de produtos turísticos do destino cunha proposta orixinal e sostible, que pon en valor as características comúns a nivel de turismo e diferencian a rexión doutras de España. Entre outras, valóranse as similitudes no patrimonio natural e arquitectónico, o estilo de vida, o clima ou a gastronomía. Baixo o seu paraugas están proxectos como a Reserva Ecoturista da España Verde. unha gran ruta de ecotouring que percorre 25 espazos naturais protexidos, dos que seis se localizan en Galicia.

Reunión Merelles en Nueva York
Reunión Merelles en Nueva York

Turismo cultural

O turismo cultural tamén tivo o seu espazo na viaxe de Xosé Merelles. Asinou un convenio de colaboración coa Hispanic Society of America, mediante o cal esta institución cederá a colección de fotografías realizada por Ruth Matilda Anderson nas súas viaxes a Galicia en 1924 e 1925 para a edición dun libro por parte da Xunta. “Esta cesión ten un enorme valor xa que nesta colección de instantáneas gárdase parte do pasado, das costumes, das xentes e do modo de vida dunha xeración de galegos e galegas que nos axudan a entender a nosa historia”, subliñou, destacando a importancia que implica tamén seguir enriquecendo os recursos turísticos de carácter cultural do destino Galicia.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara