Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Tres artistas composteláns, finalistas na XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurada en Viana do Castelo

A mostra reúne 28 obras seleccionadas pola súa elevada calidade técnica e creativa e poderá visitarse no Museu de Artes Decorativas ata finais de xaneiro

As autoridades da Eurorrexión e os artistas finalistas participaron na inauguración da XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico en Viana do Castelo
As autoridades da Eurorrexión e os artistas finalistas participaron na inauguración da XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico en Viana do Castelo
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico foi inaugurada este 27 de novembro en Viana do Castelo, nun acto que reuniu autoridades da Eurorrexión e os artistas finalistas do certame. A mostra poderá visitarse no Museu de Artes Decorativas ata finais de xaneiro, no marco da Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2025. Entre as 28 obras seleccionadas, hai 3 de artistas de Santiago de Compostela.

Durante o acto inaugural anunciáronse as obras gañadoras desta edición marcada pola elevada calidade técnica, a diversidade estética e a innovación conceptual. O primeiro premio foi para "A liberdade de ser" de Acácio Viegas, o segundo foi recibido por "Rompiendo límites" de Javier Pena, e o tercero para "O que vi" de Afonso António. 

O evento contou coa presenza do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; do vicepresidente do Eixo Atlántico e alcalde de Viana do Castelo, Luís Nobre; de Vítor Dias, Diretor Regional do Norte do IPDJ; de Sara Pérez Bello, representante da Xunta de Galicia no xurado; e de Patricia Oliveira, membro do xurado en representación do IPDJ.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620